Inicio Pontevedra Louriña O Festival Intercéltico 'O Son do Pazo' aspira a consolidarse como un...

O Festival Intercéltico ‘O Son do Pazo’ aspira a consolidarse como un referente da música galega

O Festival Intercéltico 'O Son do Pazo' aspira a consolidarse como un referente da música galega‘O Son do Pazo’ conta en cartel este ano con Arume, Pepe Vaamonde Grupo e Airiños da Freba entre outros

O Pazo de Mos acolleu a presentación do V Festival Intercéltico ‘O Son do Pazo’, acto que contou coa asistencia de Anxo Lorenzo, director xeral de Políticas Culturais, Camilo Augusto, alcalde en funcións, Juana María Moreno Blanco, presidenta do Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia de Mos, Victoria Alonso, responsable da área de Cultura da Deputación de Pontevedra; e demais membros da directiva do Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia (entidade organizadora do Festival) e da Fundación Pazo de Mos.

O Festival Intercéltico ‘O Son do Pazo’ é un festival de música folk que se vai realizar en Mos, concretamente no entorno do Pazo de Mos, os días 13 e 14 de setembro. Esta vai a ser a quinta edición, para a cal contarase con grandes grupos do mundo folk; pretendendo que este Festival sexa un referente da música galega, tanto neste Concello como na zona sur de Galicia e norte de Portugal.

Este evento está organizado polo Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia de Mos, (con sede no Pazo de Mos), contando coa colaboración da Xunta de Galicia, o Concello de Mos, Fundación Pazo de Mos e Deputación de Pontevedra.

Respecto do mesmo, o alcalde en función do Concello de Mos, Camilo Augusto, agradeceulles encarecidamente hoxe a todos os que o fan posible, os seus traballo e colaboración “tanto á entidade organizadora Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia, como a colaboración da consellería de Cultura e Turismo, hoxe representada polo director xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo”, dixo.

Obxectivo do Festival

A idea principal é consolidar este evento como un referente da música galega, pasando a formar parte dunha das citas máis importantes do panorama folk. Tamén se persegue o obxectivo de converter este evento nun festival intercéltico onde o público poida gozar  da música de grupos da cultura Celta.

Os asistentes a este Festival contarán cun lugar para poder realizar acampada libre e así poder disfrutar dos dous días de concertos. A acampada, totalmente gratuíta, poderá facerse no Pavillón Patricia Martínez, xunto ao Colexio Mestre Martínez Alonso de Castro-Mos.

O Festival Intercéltico 'O Son do Pazo' aspira a consolidarse como un referente da música galegaA programación constará dos seguintes concertos e actividades: o venres 13 de setembro a partir das 22:30 horas haberá actuacións de Airiños do Castelo, Böj e Algarabía.

O sábado 14 de setembro ás 13.00 horas a sesión vermú contará cos concertos de Zurrumalla e Regueifas (Lupe Blanco e Bieito Lobariñas). Ás 17.30 horas comezará o espectáculo a cargo de Os Monifates (animación de rúa). Ás 19.00 horas Edel Duff ofrecerá un obradoiro aberto de baile irlandés. E ás 18.30 horas e 20.30 horas haberá Treboada-Pasarrúas no que actuará Treboada Baixo Miño.

Os concertos do sábado noite chegarán pisando forte coa Banda de Gaitas Atlántida de Matamá e Arume ás 21.30 horas, seguidos de Pepe Vaamonde Grupo e Airiños da Freba.

Os intermedios durante o cambio entre concertos serán amenizados musicalmente neste caso pola Banda de Gaitas Airiños do Castelo.

Comer e beber en ‘O Son do Pazo’

O recinto do Festival contará no seu interior con varios Food Truck e bar para que ninguén pase fame e todo o mundo poida comprar de comer e de beber sen desprazarse nin saír do recinto. Ademais os postos de artesanía son xa unha constante dende a primeira edición.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies