spot_img
InicioGaliciaPreto de 90 establecementos de toda Galicia participarán no 13º ‘Outono Gastronómico...

Preto de 90 establecementos de toda Galicia participarán no 13º ‘Outono Gastronómico en turismo rural’

Preto de 90 establecementos de toda Galicia participarán no 13º ‘Outono Gastronómico en turismo rural’Entre as novidades deste ano destaca ‘Outono Plus’, unha opción que inclúe actividades como rutas de sendeirismo, visitas guiadas e ata un escape room.

Preto de 90 establecementos de turismo rural das catro provincias participarán na 13ª edición do Outono Gastronómico en Turismo Rural, unha actividade impulsada pola Xunta e que hoxe presentaron en Pontevedra o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e o delegado territorial do Goberno galego nesa provincia, José Manuel Cores Tourís.

Ademais de aloxamento, os establecementos que participarán nesta actividade –que se desenvolverá entre o 13 de setembro e o 15 de decembro– ofrecerán diferentes menús elaborados con produtos galegos de temporada. Ademais, como novidade este ano, inclúese a posibilidade de realizar, no seu caso, actividades como paseos a cabalo, rutas de sendeirismo, visitas a adegas ou lugares de interese paisaxístico ou cultural como o Pórtico da Gloria, actividades deportivas como surf ou rafting, circuítos termais ou mesmo un escape room, grazas á nova oferta Outono Plus

Toda a información en: outono-gastronomico

O titular de Cultura e Turismo subliñou a importancia desta iniciativa por entender que “encaixa perfectamente” no modelo turístico que defende o Goberno galego, baseado na desestacionalización da demanda turística, atraendo visitantes durante todo o ano, e pola descentralización de fluxos cara toda Galicia, especialmente ás zonas do rural. Neste sentido, salientou que grazas ao Outono Gastronómico en turismo rural, as persoas que se acheguen aos establecementos participantes poderán gozar “dos mellores produtos de temporada da nosa gastronomía”, ao tempo que favorecen a actividade dos sectores produtivos do rural e a creación de emprego de calidade.

Éxito de público e para os negocios participantes

Román Rodríguez explicou que os datos avalan a “fórmula exitosa” desta actividade. No que respecta á última edición, preto de 5.000 persoas decidiron achegarase a algún dos 86 establecementos adheridos, xerando un volume de facturación superior aos 300.000 euros. Con todo, desde que botou a andar esta proposta en 2017 a cifra de participantes superou os 64.000 e o volume de negocio dos establecementos roldou os 4 millóns de euros. Ademais, os negocios participantes cualificaron cun 4,7 sobre 5 a súa experiencia neste evento e nove de cada dez amosáronse partidarios de repetir a experiencia.

No tocante a esta 13ª edición do Outono Gastronómico en Turismo Rural, participarán un total de 86 establecementos de turismo rural, 24 na Coruña, 22 en Pontevedra e 20 en Lugo e Ourense que ofrecerán menús de entre 30 e 300 euros. Entre as modalidades que ofertarán para gozar desta actividade en parella, en familia ou con amigos figura o Menú Outono Gastronómico –sen pasar a noite–, o Paquete Outono Gastronómico para unha noite, o Fin de Semana Outono Gastronómico para dúas noites o Fin de semana familiar Outono Gastronómico para dúas noites con nenos.

Crecemento do 12%

Segundo o conselleiro de Cultura e Turismo, boa parte do éxito desta iniciativa débese “ao bo facer dos nosos establecementos de turismo rural”, unha tipoloxía de aloxamento que durante o primeiro semestre do ano experimentou un incremento de preto do 12% na súa cifra de viaxeiros en toda Galicia, aínda maior na provincia de Pontevedra, onde foi de preto do 20%.

Román Rodríguez destacou que estas cifras reflicten a capacidade dos distintos establecementos para “renovar a súa oferta”, así como a aposta do Goberno galego por impulsar esta modalidade de aloxamento, que se concretará na nova Estratexia de Turismo Rural que prepara o Goberno galego e que inclúe unha clasificación por estrelas para este tipo de establecementos, ao igual que sucede co resto de tipoloxías.

- Publicidade -spot_img