Inicio Val Miñor Baiona Baiona acolle do 6 ao 8 de setembro unha nova edición do...

Baiona acolle do 6 ao 8 de setembro unha nova edición do “Salitre Fest“

Baiona acolle do 6 ao 8 de setembro unha nova edición do “Salitre Fest“

A segunda edición do Festival Salitre Fest volve a Baiona entre o 6 e o 8 de setembro, un evento único no que se aúna deporte e lecer nun espazo de referencia, a praia de Ribeira. Será un evento gratuíto que promete converter á vila nun fervedoiro de lecer para toda a familia.

O paseo da praia de Ribeira foi o escenario elexido para facer a presentación da nova edición do “Salitre fest” e nesta ocasión contou coa presenza do Director Xeral para o deporte, José Ramón Lete Lasa, do deputado de Deportes, Carlos Gorka, da deputada de Turismo Ana Laura Iglesias, do alcalde de Baiona, Carlos Gómez, a concelleira de deportes, Mirian Mar Costas e do director do evento Coque Araujo.

Na súa intervención o alcalde de Baiona, Carlos Gómez, subliñou que “un evento así non podería celebrarse noutro lugar que Baiona” e destacou que “as administracións temos que traballar para ir máis alá do ámbito ibérico, para alcanzar maiores cotas”.

O Secretario Xeral para o deporte, José Ramón Lete Lasa, destacou a importancia dun evento que desde 2013 leva “facendo moito ruído e configurando un dos maiores eventos de Stand Up Paddle ou paddlesurf que conseguiu ser sede do Campionato de España durante catro anos consecutivos”.

Pola súa o deputado de Deportes, Carlos Gorka, quen estivo acompañado da deputada de Turismo Ana Laura Iglesias, salientou que a institución provincial “apoiará todas as iniciativas e eventos que poñen en valor o noso territorio e os valores do deporte” e puxo como exemplo o Salitre Fest, que combina as probas deportivas –con percorridos que permitirán a súa visualización desde toda a localidade- con concertos e un área gastronómica para facilitar a presenza dun publico familiar. “Creo que esta é unha tendencia que hai que fomentar porque o deporte ten que involucrar a todas as familias, a toda a cidadanía”, apuntou.

O Salitre Fest incluirá na súa programación o primeiro Campionato Ibérico de SUP (paddle surf), que reunirá na praia de Ribeira a deportistas de toda a xeografía nacional e de Portugal e puntuará para o circuíto nacional da Copa de España de SUP Race. Tamén se celebrarán as Sprints AESUP, en varias categorías e, en base as devanditas probas, este ano decidirase en Baiona o Campionato de España de Clubs.

A oferta deportiva mesturarase no Salitre Fest coa de ocio, cunha zona market e gastronómica (coa presenza de foodtrucks) no parque de A Palma, onde tamén se desenvolverán os concertos.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies