Inicio Alto Minho O XII Triatlón da Amizade Cerveira-Tomiño 2019 reúne este domingo a máis...

O XII Triatlón da Amizade Cerveira-Tomiño 2019 reúne este domingo a máis de 300 atletas

O XII Triatlón da Amizade Cerveira-Tomiño 2019 reúne este domingo a máis de 300 atletasOs participantes terán que nadar unha distancia de 750 m., realizar unha proba de ciclismo de 20 Km. e unha carreira a pé de 5 Km.

O XII Triatlón da Amizade Cerveira-Tomiño celebrarase o vindeiro día domingo 1 de setembro, no marco da Eurocidade, prevéndose a participación  de máis de 300 atletas federados/as e non  federados/as, oriúndos dos dous países veciños, e que van disputar o circuito novo de promoción en BTT, no período da mañá (inicio 11h15 hora galega), e o Triatlón Sprint Estrada, cuxo arranque está previsto para as 15h30 (hora galega).

As persoas participantes na proba terán que nadar unha distancia de 750 m., previamente  a unha proba de ciclismo de estrada de 20 Km. e finalizando cunha carreira a pé de 5 Km. As probas transcorrerán entre a localidade galega de Goián, no municipio de Tomiño, e a lusa de Vila Nova de Cerveira, con puntos de partida e chegada localizados no Espazo Fortaleza, en Goián, e o parque de transición no Caês do Río Miño, en Cerveira .

Sendo o único triatlón organizado entre Portugal e España, o Triatlón da Amizade Cerveira-Tomiño carrexa unha gran responsabilidade, polo recoñecemento dos equipos de atletas participantes e o carácter de potenciación do deporte transfronteirizo, tendo o río Miño como recurso de conexión .

Con 11 anos de historia , a organización optou en 2018, por suspender a realización  da proba por un ano, facéndoa máis áxil, competitiva e cunha maior bisagra dos recursos existentes.

En conferencia de prensa celebrada hai un par de semanas no Concello de Tomiño, a alcaldesa de Tomiño, Sandra Gonzalez, e o vicepresidente da Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira , Vitor Costa, acompañados polos representantes das federacións e os concelleiros de Deportes, explicaron que se procedeu á adaptación da normativa das dúas federacións envoltas, co propósito de realzar os puntos comúns e a valorización do cariz transfronteirizo do evento; á introdución da cronometraxe electrónica (chip) emitindo os timings parciais e os resultados finais de forma máis fidedigna; á clasificación única deixando de existir a entrega de premios  por nacionalidade; e á reprogramación no calendario deportivo, pasando do 3º fin de semana de setembro para o primeiro.

Está en disputa o “Trofeo da Amizade”, unha obra do escultor español Arcádio Blasco. Esta pequena escultura, ten  a designación de “Encontro de Culturas” e desde a primeira edición, é o símbolo do Triatlón da Amizade.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies