O Pazo da Cultura de Pontevedra acolleu este domingo o acto de clausura do XVII Certame Galego de Bandas de Música Populares, certame que se celebrou desde o pasado venres e que contou coa participan 15 formacións e un milleiro de instrumentistas
Nesta décimo sétima edición do certame, que por primeira vez se celebrou en Pontevedra, participaron 15 bandas con preto dun milleiro de músicos.
Así, contou cunha selección de agrupacións galegas composta por: Agrupación Musical do Rosal, Banda Escola de Música de Beade, Banda de Música Popular Airiños do Morrazo de Moaña, Unión Musical de Coruxo, Banda de Música Unión Musical de Tenorio, Banda de Música Artística de Arcade, Banda Infantil de Lalín, Banda de Música Xuvenil de Xinzo, Banda de Música Municipal de Caldas de Reis, Agrupación Músico-Cultural de Ribadumia, Banda Xuvenil da Unión Musical de Meaño e Banda-Escola da Banda Municipal da Estrada.
Xunto a elas, actuaron no certame tres bandas de prestixio de fóra da nosa Comunidade: a Banda Filarmónica de Amares de Portugal, a Banda Infantil Maestro Lupi de Benavente e a valenciana Banda Xuvenil da Societat Artística Musical d’Alginet.




