spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán prepara un Samaín con cuatro días de actividades para toda a...

Nigrán prepara un Samaín con cuatro días de actividades para toda a familia

nigran-prepara-un-samain-con-cuatro-dias-de-actividades-para-toda-a-familiaO Concello de Nigrán prepara un Samaín completo de actividades para toda a familia desde o martes 29 de outubro ao venres 1 de novembro.

Revista Cousas de Nº23

Así, o Samaín arrancará en Nigrán o martes 29 mesturando gastronomía e contacontos a través dunha actividade organizada en colaboración do CEE de Panxón: Caxoto contacontos aderezado cos petiscos que elabore o alumnado do centro dentro do seu proxecto de restauración ‘Toleamos sen máis’. Os asistentes poderán degustalos mentras Caxoto presenta un monólogo familiar con temática propia destas datas. Será ás 19:00 horas no devandito centro educativo e para acudir é imprescindible inscribirse previamente en cee.panxon@edu.xunta.gal (é de balde pero o aforo está limitado).

Ao día seguinte, mércores 30, proxectarase no Auditorio Municipal ás 19:00 horas a película xaponesa de Hayao Miyazaki  ‘El Castillo Ambulante’, premio Óscar ao mellor filme de animación no ano 2005 e considerada unha auténtica obra mestra para un público familiar. Este mesmo día o Concello de Nigrán repite con Teatro do Ar as visitas teatralizadas ao Cemiterio Municipal do Ceán en quendas ás 19:30, 20:10 e 20:50 horas (é preciso inscribirse previamente a partir do luns 21 de outubro nun formulario web en www.nigran.es). Ilustres como o escritor Carlos Casares, o inventor do casulo para pescar polvos Daniel Pazó ou o profesor republicano asasinado Vázquez Grela (os tres aquí aterrados) regresarán de ultratumba para contar de primeira man aos presentes a súa historia. Estas visitas, segundo o director da compañía Pedro Rodríguez Villar deseñou, tratan de conxugar toda a información histórica “dunha forma cómica e lixeira”. “Son visitas que poñen en valor o noso cemiterio municipal e, sobre todo, personaxes históricos de Nigrán que todo veciño debe coñecer”, explica o rexedor.

O samaín continuará o xoves 31 e o venres 1 no Auditorio Municipal con sendas festas dirixidas á infancia. Así, o Concello ofrece o 31 a través da cooperativa ‘MilRamas’ un obradoiro de luces e sombras con cinco recunchos diferentes de xogo libre e desestructurado empregando materiais luminosos e luminiscentes, teas, disfraces e aparellos de creación propia nas que as bruxas, os pantasmas e os zombies forman parte da festa. Está dirixido a crianzas a partir de 3 anos, debendo acudir acompañados na franxa de idade de 3 a 5 anos. Este obradoiro comezará ás 17:00 e dividirase en tres pases de 50 minutos, polo que é preciso inscribirse previamente a través de whatsapp no 617922820 indicando nome completo, idade e quenda á que asistirá (primeira, segunda ou terceira).

Finalmente, o Rei Midas pechará o Samaín nigranés o venres 1 de novembro ás 17:30 horas co espectáculo ‘Museo Máxico e festa neón party’ no Auditorio Municipal con entrada libre ata completar aforo. Na festa realizará un espectáculo de maxia e as crianzas poderán xogar con material lumínico.

- Publicidade -spot_img