spot_img
InicioBaixo MiñoA Agrupación Musical do Rosal fai historia no Certame Galego de Bandas

A Agrupación Musical do Rosal fai historia no Certame Galego de Bandas

a-agrupacion-musical-do-rosal-fai-historia-no-certame-galego-de-bandasO conxunto rosaleiro acadou a máxima puntuación do certame cunha obra de máxima dificultade a nivel solista e banda

Revista Cousas de Nº23

A Agrupación Musical do Rosal vén de asinar unha páxina inesquecible na historia musical de Galicia. Con 641 puntos, o conxunto rosaleiro acadou a máxima puntuación no Certame Galego de Bandas de Música organizado pola Federación Galega de Bandas de Música e proclamouse gañador da sección primeira interpretando como obra libre ‘Wine-Dark Sea’, de John Mackey, unha obra de máxima dificultade tanto para solista como para banda.

A rotunda vitoria no Certame Galego de Bandas de Música confirma ao Rosal como un referente cultural e musical en Galicia

É a primeira vez que unha agrupación se atreve a levar unha composición deste calibre a un certame, marcando un fito sen precedentes. Ademais, como peza de presentación, a Agrupación Musical do Rosal interpretou ‘Gallaecia’, de José Bugallo Senra, e a obra ‘Imaxes Olívicas’ a proposta pola organización, seleccionada entre as obras premiadas en anteriores edicións do concurso.

Esta vitoria non só coroa un traballo de preparación exhaustivo, senón que tamén subliña o crecemento musical que está a vivir nestes momentos O Rosal, en gran parte grazas ao esforzo incansable de Agrupación e de todas e todos os seus integrantes.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.