Entre as autoridades convidadas están a presidenta da Deputación de Pontevedra, o presidente da CIM Alto Minho e o presidente da Xunta de Galicia; estes dous últimos aínda sen confirmar
A Axenda Estratéxica para a Cooperación Transfronteiriza Amizade Cerveira-Tomiño, proxecto cofinanciado polo FEDER a través do Programa Interreg V-A España-Portugal, desenvolveu ao longo dos últimos anos, varias accións para potenciar un desenvolvemento sustentábel do territorio, con repercusións positivas na mellora da calidade de vida e da cohesión social da poboación; no reparto e optimización dos equipamentos e servizos públicos de utilización colectiva e dos recursos humanos e económicos, nun programa de cooperación con vocación de futuro.
Desde 2014, a Eurocidade Cerveira-Tomiño ten vindo a afondar e a consolidar as relacións institucionais, a través dunha programación e xestión conxunta, e coa participación de máis de 10.000 persoas nas distintas accións e actividades organizadas con vista á formulación de solucións comúns para problemas comúns.
Para a conclusión do proxecto, o vindeiro 23 de outubro terán lugar as II Xornadas Amizade Cerveira-Tomiño, no Auditorio do CAE (Centro de Apoio ás Empresas en Cerveira), co propósito de realizar un balance dos resultados acadados, mais tamén reflexionar sobre o futuro da cooperación transfronteiriza.
Dado o actual contexto de pandemia Covid-19, e co fin de cumprir con todas as medidas de seguridade, a realización do evento terá formato mixto, lanzando a través deste convite a posibilidade de asistir presencialmente á sesión da tarde, que empezará ás 14.15h (hora protuguesa), segundo o programa previsto. Salientamos o “Debate: Europa sen fronteiras: O papel da cooperación transfronteiriza na consolidación do proxecto europeo” (17.00h).
Entre as autoridades convidadas están a presidenta da Deputación de Pontevedra (Carmela Silva), o presidente da CIM Alto Minho (José Mª Costa) e o presidente da Xunta de Galicia (Alberto Núñez Feijóo); estes dous últimos aínda sen confirmar.
Polas circunstancias excepcionais que vivimos, o Auditorio ten aforo limitado, polo que é imprescindible confirmar asistencia até o día 19 de outubro incluído, no enderezo: comunicacion@tomino.gal
*No caso de agravamento das medidas de prevención da Covid-19, o evento poderá ser realizado exclusivamente de forma virtual.
II XORNADAS AMIZADE CERVEIRA-TOMIÑO
Programa provisorio
Centro de Apoio ás Empresas. Vila Nova de Cerveira
23 outubro 2020
11.00 h – Sesión de Apertura
João Fernando Brito Nogueira – Presidente da Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira
Sandra González – Alcaldesa de Tomiño
11.15 h – AXENDA ESTRATÉXICA PARA A COOPERACIÓN TRANSFRONTEIRIZA AMIZADE CERVEIRA-TOMIÑO: BALANCE E RESULTADOS DO PROXECTO
Visión global: Sónia Antunes e Xabier Macías, Eurocidade Cerveira-Tomiño
Orzamento Participativo Transfronteirizo OPT: Escola Gallaecia/ANPAS
Valedoría da CidadaníaTransfronteiriza: Zara Pousa e Maria de Lurdes Cunha
Dinamización da economía local: Sector agrario, flor e planta ornamental (acuBam); Turismo (Goreti Silva IPVC)
Apoio de vídeo e pósters de actividades en exposición paralela (Deporte para todas as persoas, Benchmarking, Comunicación, Plataforma servizos).
12.45 h – Pausa
13.15 h – Presentación do intercambio entre a Eurocidade Cerveira-Tomiño e o Consórcio Bidasoa Txingudi (País Basco – Espanha/Francia)
13.45 h – Xantar
15.15 h – Da Carta da Amizade á Eurocidade: revisitar a estratexia de desenvolvemento da cooperación transfronteiriza Cerveira-Tomiño
Ruben Lois, Profesor Universidade de Santiago
Fernando Nogueira, Presidente da Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira
Sandra González, alcaldesa de Tomiño
15.45 h – COOPERACIÓN TRANSFRONTEIRIZA NO HORIZONTE 2030
– A Estratexia Común de Desenvolvemento Transfronteirizo Portugal – España. Isabel Ferreira, Secretaria de Estado da Valorização do Interior do Governo Português
– Plano de Investimentos Conxuntos da Euro-Rexión Galiza-Norte de Portugal (PIC), Comunidade de Traballo Galiza-Norte de Portugal. Xosé Lago, director da AECT Galicia-Norte de Portugal
– Estratexia Rio Minho Transfronteirizo 2030. Uxío Benítez, vicedirector da AECT Rio Minho
Moderador: Valerià Paül, director FCEER
16.45 h – Pausa
17.00 h – Debate: Europa sen fronteiras:
O papel da cooperación transfronteiriza na consolidación do proxecto europeo
Moderadores:
Fátima Campos Ferreira, xornalista RTP
Xabier Fortes, xornalista RTVE
Autoridades convidadas:
José María Costa, Presidente CIM Alto Minho*
Carmela Silva, Presidenta da Deputación de Pontevedra
Alberto Núñez Feijóo, Presidente da Xunta da Galicia*
Teresa Ribera, Vice-Presidenta cuarta e Ministra de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico do Goberno de España*
Ana Abrunhosa, Ministra da Coesão Territorial do Governo Português
Elisa Ferreira, Comissária Europeia Coesão
*Por confirmar.