A exposición monográfica do pintor marinense Manuel Santos poderá visitarse ata o próximo 31 de outubro
O Museo Manuel Torres acolleu o pasado xoves a presentación da exposición que contou coa presenza da alcaldesa, María Ramallo, e os concelleiros Manuel Santos e Itziar Álvarez.
As pinturas realistas do artista marinense enchen de cor as paredes do museo, das que penduran cadros de toda a súa traxectoria, desde as súas primeiras creacións durante a adolescencia ata as súas últimas creacións, que son de enorme tamaño e de impactante porte.
As posta de sol de Marín, cos seus tons laranxas e azuis, conforman parte da súa obra, que se complementa con imaxes de espidos, esceas familiares, bodegóns e motivos mariñeiros das Rías Baixas.
O autor, profundamente emocionado por presentar esta exposición, adianta que probablemente “sexa das últimas que faga”, polo que, en palabras da alcaldesa, María Ramallo, “esta é unha oportunidade imperdible para gozar do talento deste artista”.