Inicio Baixo Miño Os comerciantes de Tui e Milladoiro únense na promoción do Camiño Portugués

Os comerciantes de Tui e Milladoiro únense na promoción do Camiño Portugués

Os comerciantes de Tui e Milladoiro únense na promoción do Camiño PortuguésA asociación de comerciantes de Tui, ACITUI, e de Milladoiro, Palmira Bulevar, suman sinerxías para promocionar o Camiño Portugués a Santiago ao ser a primeira localidade en Galicia desta ruta xacobea, e a derradeira antes de chegar a Santiago, respectivamente.

Coa sinatura dun convenio entre ambos colectivos quedaron plasmados tres anos de contactos e traballo en prol do Camiño Portugués. O acto tivo lugar o pasado venres na Casa do Concello de Tui coa presenza do alcalde, Enrique Cabaleiro, da concelleira de Comercio, Ana Mª Núñez, o presidente de ACITUI, Juan Carlos Blanco, e da Asociación de Pequenos Comerciantes Palmira Bulebar de Milladoiro, José Manuel Fernández.

O alcalde, Enrique Cabaleiro, felicitou a estes colectivo por esta “magnífica iniciativa” destacando o feito de que sexan “dúas entidades privadas as que apostan e colaboran para potenciar, pór en valor e difundir os valores do camiño”. Indicaba coma feito notorio que tamén “o sector privado se implique na promoción e difusión do Camiño”.  Destacaba coma o ano pasado pasaron por Tui máis de 83 mil peregrinos, pero este ano debido a pandemia son 8000, e indicaba que “o camiño vai volver emerxer con potencia e temos que estar preparados”.

O presidente de ACITUI, Juan Carlos Blanco, explicou que as dúas asociacións traballarán conxuntamente no fomento de eventos vinculados ao Camiño Portugués, e na súa promoción tanto a través das súas redes sociais, coma nas distintas campañas comerciais que leven a cabo pondo as dúas localidades no mapa desta vía xacobea. Tamén buscarán informar tanto ao peregrinos coma do turista dos servizos dispoñibles nestas localidades, e fomentar a cultura galega , a gastronomía e o comercio. Entre os obxectivos tamén está impulsar esta ruta de peregrinación de cara ao Ano Santo 2021.

O presidente da Asociación de Pequenos Comerciantes Palmira Bulebar de Milladoiro, José Manuel Fernández, explicou coma na xornada de hoxe frutifica o traballo que iniciaron hai tres anos e no que Tui e Milladoiro sumarán sinerxías.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies