spot_img
InicioCondado ParadantaPonteareas vístese de cor rosa con motivo do día mundial contra o...

Ponteareas vístese de cor rosa con motivo do día mundial contra o cancro de mama

Ponteareas vístese de cor rosa con motivo do día mundial contra o cancro de mamaCon  motivo do día mundial contra o cancro de mama que será o vindeiro día 19 de outubro, a casa do concello lucirá un lazo de cor rosa que nos recordará a necesidade de seguir investigando e investindo fondos na loita contra esta enfermidade.

En Ponteareas a Asociación Cancro de Mama Pilar Domingo ofrece asesoramento, información e apoio a través de obradoiros, terapias e diversas actividades coas que facer mellor o día a día das familias que conviven ou conviviron con esta doenza. As persoas interesadas en contactar coa asociación poden facelo no número de teléfono 617 33 01 71.

A concellaría de Saúde, que dirixe a tenenta de alcalde Cristina F. Davila, e a asociación de Cancro de Mama Pilar Domingo convidan a toda a cidadanía a amosar o seu apoio a todas as mulleres que padecen esta enfermidade

Cristina F. Davila explica que este ano, por mor das medidas COVID-19, non se poderán realizar as actividades de concienciación e visibilización que de costume se realizaban pero  quere trasladar unha mensaxe de ánimo a todas as familias e manifesta a importancia de non perder os folgos e apostar pola investigación e pola prevención para atopar solucións a tempo.

Segundo o observatorioi do cancro da Asociación Española contra o Cancro de Mama (AECC) en España diagnosticáronse 33.307 novos casos no 2019, o que representa algo máis do 30% de todos os tumores do sexo feminino. O maior número total de diagnósticos atópase nas mulleres na franxa dos 45-65 anos, pero a partir dos 75 anos, co envellecemento, aumenta o  número de mulleres diagnosticadas.

- Publicidade -spot_img