spot_img
InicioPontevedra e ÁreaBaiona presentou en FITUR o novo vídeo e o cartel da Arribada

Baiona presentou en FITUR o novo vídeo e o cartel da Arribada

Ángel Rodal na presentación da Arribada en Fitur (Copiar)

A Festa da Arribada brillou este venres na Feria Internacional de Turismo (Fitur) en Madrid coa presentación do vídeo e o cartel oficial da nova edición que se celebrará como é de costume a primeira fin de semana de marzo (días 3, 4 e 5).

A XXII edición da festa chega con moitas novidades e este luns xa estará aberto o prazo para as solicitudes do Real Mercado, que en esta ocasión amplía o seu horario a noite do sábado.

O stand de Galicia na 37ª edición de Fitur, acolleu un acto promocional da Festa da Arribada, dentro a presentación das festas galegas declaradas de Interese Turístico Nacional e Internacional. A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, destacou que “estes acontecementos favorecen a implementación dunha oferta de lecer atractiva para todos aqueles que queiran vivir unha experiencia singular nos ámbitos gastronómico e cultural dentro do noso territorio”, sinalou.

Na súa intervención o alcalde de Baiona, Ángel Rodal, invitou a todos os presentes a visitar o Real Mercado e presentou o novo vídeo e cartel da festa. “Baiona trasládase ao Medievo para recrear a chegada da carabela “La Pinta” co descubrimento de América e convértese no  lugar de referencia durante toda a fin de semana en Galicia”, sinalou.

cartel_arribada_2017_

O Concello xa decidiu consolidar este ano o venres coma día de apertura da Festa da Arribada e acordou cos empresarios do Casco Histórico ampliar o horario do mercado. Desta forma, a hora de peche do sábado será ás 12 da noite, aumentando unha hora respecto ao ano pasado, cando os postos de comida e artesanía tiñan que estar pechados dende as 11 da noite.

O prazo para que todos os interesados soliciten o seu posto no Real Mercado comezará o próximo luns e estará aberto durante dúas semanas.

Concello e Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona (Aceba) xa decidiran hai uns días introducir varios cambios no funcionamento da festa para mellorar a mobilidade dos visitantes e a recollida do lixo.

Así, quedarán eliminados tanto os vasos de cristal como os de barro que se viñan empregando ata agora e dende esta edición haberá un envase de cartón ou papel reciclado para todos os negocios.

Ademais, a proposta de Aceba acordouse a creación dun circuíto peonil de sentido único polas rúas máis céntricas da Vila. A aglomeración de visitantes provoca todos os anos que a circulación dos peóns sexa complicada, polo que o Concello e os empresarios acordaron sinalizar unha ruta de dirección única que aparecerá indicada en todos os mapas e os programas da festa.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.