spot_img
InicioPontevedra e ÁreaBaiona recibirá este ano case 900.000 euros do 'Plan Concellos'

Baiona recibirá este ano case 900.000 euros do ‘Plan Concellos’

praza-Concello-Baiona-acolle-longo-fin-semana-numerosas-actividades-motivo-día-mundial-Fibrosis-Quística,

O pasado ano o Goberno provincial que preside Carmela Silva destinou ao municipio do Val Miñor investimentos por preto de 1,3  millóns de euros

A Deputación de Pontevedra achegará este ano 2017 un 2,21% máis de recursos ao Concello de Baiona no marco do “Plan Concellos”.. Deste xeito, o municipio recibirá un total de 895.783,93€, case 20.000 euros máis que en 2016, ano no que xa tivo un 44,8% de incremento respecto do 2015 (o que se traduciu en 271.163,46 € máis). Á marxe do Plan Concellos, Baiona recibirá este ano outras axudas e subvencións, enmarcadas nas diferentes áreas de actividade da Deputación de Pontevedra, ás que o Concello poderá concorrer.

Investimentos totais durante 2016

Durante o ano 2016 a Deputación de Pontevedra destino a Baiona un total de 1.258.271,62 euros, dos cales 876.386,49€ correspondéronse co “Plan Concellos 2016”. Ademais, a institución provincial investiu 82.445,39 € en mobilidade, 72.732,38 € en cohesión social e xuventude, 43.174,40 € en cultura e lingua, 57.737,28€ para o fomento do emprego, 40.838,00 € para o impulso do deporte,6.278,70 € para a igualdade entre mulleres e homes e outros 3.000 euros para actuacións no ámbito do medio ambiente.

En concreto, a través da liña 1 do “Plan Concellos”, investíronse 646.334,93€ para a redacción do proxecto de conservación e mantemento do edificio do Concello de Baiona e a súa execución, a subministración de 85 unidades de contedores e 60 unidades de centrador para contedores, un vehículo de recollida de lixo e a rede de saneamento en diferentes zonas de Baiona, incluíndo a redacción do proxecto.

Ademais,recibiu 32.864,49€ na liña 3 destinados á Festa da Arribada. Grazas á liña 4, creáronse 26 postos de traballo nos servizos municipais, cun investimento de 197.186,96€.Así mesmo, Baiona recibiu 13.327,14 euros para actuacións no sendeiro azul litoral de Baiona, 3.961,15 para o plan de equipamentos deportivos e 58.390,80 para o II Plan de Emprego.

Á marxe do “Plan Concellos 2016”, Baiona recibiu 43.174,40 € para o fomento da cultura e a lingua, con 113 actuacións do Pontegal, así como coas axudas á rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico-culturale as axudas á dinamización lingüística. Tamén se destinaron 72.732,38 euros para cohesión social e xuventude, ben a través dos servizos sociaiscomunitarios e especializados, as axudas básicas de emerxencia e o servizo de teleasistencia domiciliaria (con 12 usuarios e usuarias) ou ben mediante os programas“En Ruta coa Depo”, “DepoTermal”, “Tecendo lazos”, “Depo en Marcha”, “DepoRúarte” e“Depo Aventura A Lanzada”, no que participaron 30 nenas e nenos do concello.

Do mesmo xeito, Baiona recibiu 40.838,00 € para o deporte federado de base, a Copa de fútbol Deputación de Pontevedrae diversas actividades deportivas, así como 57.737,28 € destinados ao fomento do emprego a través dos Plans de Práctica Laboral, que están a permitir que cinco persoas poidan desenvolver a súa primeira experiencia laboral no Concello de Baiona e unha máis nunha entidade privada. Tamén se achegaron 6.278,70€ para o fomento da igualdade a través do programa “Conectadas 2016” e as axudas aos concellos de menos de 20.000 habitantes para o fomento da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e a prevención da violencia machista e outros 82.445,39€ en materia de mobilidade, en concreto para o “Plan Móvese” e as obras de sinalización horizontal nos viarios provinciais. Persoal e maquinaria do Servizo de Medio Ambiente realizaron, cun custo de 3.000 euros, o mantemento do campo de fútbol de Val de Martín.

 

- Publicidade -spot_img