spot_img
InicioBaixo Miño'Reptigalia' chega a Tui

‘Reptigalia’ chega a Tui

reptigalia-chega-a-tui

A mostra, de marcado carácter didáctico, é totalmente de balde e está especialmente dirixida ao alumnado con visitas guiadas

Dende o vindeiro martes, 24 de xaneiro, a Oficina Municipal de Turismo situada na praza de San Fernando acollerá Reptigalia, unha exposición itinerante de réptiles, anfibios, artrópodos e insectos de todo o mundo.

Esta mostra está especialmente enfocada á divulgación da riqueza natural, xa haberá charlas e visitas guiadas para o alumnado de infantil, primaria e secundaria. Buscase fomentar nos rapaces e rapazas o respecto pola natureza a través do coñecemento e contacto directo cos animais. Na exposición os visitantes poderán ver dende escorpións a insectos pao pasando por tartarugas, tarántulas ou clamidosaurios.

Os centros educativos interesados en realizar unha visita guiada deben reservar hora no número de teléfono 665 860 440 ou no correo reptiatlantic@hotmail.com.

A exposición, de balde, está aberta de martes a xoves, de 10:00 a 16:00h e os venres e sábados de 10:00 a 19:00 horas.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.