O público que case encheu onte á noite o Teatro García Barbón de Vigo, vibrou por momentos co xenio interpretativo e o enorme entusiasmo que lle pon en cada peza que interpreta esta xenial compositora, Aysedeniz Gökçin.
205 anos separan a morte de Mozart co nacemento de Coldplay. Máis de oito décadas interpóñense entre a desaparición de Liszt coa creación de Queen. Un mundo distancia á música clásica do rock. E, con todo, as conexións entre eles son múltiples e máis profundas do imaxinable. Así nolo mostrou onte a transversal pianista turca AyseDeniz, que debutou con este espectáculo en España e do que a cidade de Vigo tivo onte o privilexio de gozar.
A Orquestra Vigo 430 celebrou onte o seu 10º aniversario cun evento único e de estrea mundial, presentando por primeira vez en España á pianista AyseDeniz, e contando coa dirección do mestre Carlos Rodríguez, nomeado aos Hollywood Music in Media Awards 2018. Un espectáculo único e que sen dúbida, lembrarase por moito tempo, quedando na memoria da historia desta orquestra.
Carlos Rodríguez, que durante a actuación fixo de intérprete da pianista, ao finalizar dirixiuse ao público para contarnos que tiña unha sorpresa. Días atrás, a película que acababa de ver, ‘Bohemian Rhapsody’ foi toda unha inspiración. “Tiñamos preparados para hoxe uns arranxos de Queen e en canto cheguei a casa, estiven toda a noite sen parar, cambiándoo todo. O outro día fixemos probas e todo saíu ben”.
En directo, pudimos confirmar que tenía razón.
Parabéns Orquesta OV430!



