spot_img
InicioGaliciaClausurado o I Simposio Internacional Os estudos galegos Camiño do Xacobeo 21

Clausurado o I Simposio Internacional Os estudos galegos Camiño do Xacobeo 21

Clausurado o I Simposio Internacional Os estudos galegos Camiño do Xacobeo 21. Os secretarios xerais técnico e de Política Lingüística e a directora xeral de Patrimonio Cultural asistiron ao concerto de Guadi Galego na Capela Real do Hostal dos Reis Católicos

A Consellería de Cultura e Turismo clausurou hoxe ao serán no compostelán Hostal dos Reis Católicos o I Simposio Internacional Os estudos galegos Camiño do Xacobeo 21 no que se deron cita durante dous días máis de 150 especialistas en lingua, cultura e proxección exterior procedentes dos Centros de Estudos Galegos da Xunta.

O secretario xeral técnico, Manuel Vila; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; e a directora xeral de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez asistiron ao concerto de peche, que ofreceu Guadi Galego na Capela Real.

O I Simposio Internacional – Estudos Galegos Camiño do Xacobeo 21 nace como como un primeiro foro de debate internacional dende os Centros de Estudos Galegos (CEG) repartidos por universidades de todo o mundo. Os CEG e outras entidades que colaboran con eles funcionan como motores de difusión da lingua e a cultura propias de Galicia.

Neste evento compartíronse experiencias para poder definir os eixes de actuación sobre o noso patrimonio cultural e lingüístico camiño do Xacobeo 21. O congreso estivo organizado pola Consellería de Cultura e Turismo a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, da Axencia de Turismo de Galicia e da Sociedade de Xestión do Plan Xacobeo.

Contou coa participación, entroutros, de Víctor Freixanes, presidente da Real Academia Galega; Luis García Montero, director do Instituto Cervantes; Filipa Soares, responsable do Instituto Camôesen Madrid; Gregorio Ferreiro, vicepresidente da Rede Europea para a Promoción da Diversidade Lingüística (NPLD); María Boguszewicz, presidenta da Asociación Internacional de Estudos Galegos; directores de diferentes CEG; e os músicos Uxía, Roi CasalJavier Otero e Guadi Galego, entre outros.

 

- Publicidade -spot_img