spot_img
InicioVigo e áreaSoutomaiorO Castelo de Soutomaior acolle unha novidosa exposición sobre a moda da...

O Castelo de Soutomaior acolle unha novidosa exposición sobre a moda da época de María Vinyals

O Castelo de Soutomaior acolle unha novidosa exposición sobre a moda da época de María Vinyals O castelo de Soutomaior acollerá a partir do día 20 de decembro a exposición A moda en detalles: indumentaria e complementos (1870-1925), que recupera a moda da época de María Vinyals, a marquesa de Ayerbe e propietaria a comezos do século XX do castelo.
A mostra bota man da colección dos fondos do Museo de Pontevedra centrada na moda feminina de finais do século XIX e principios do XX para facer un percorrido histórico polo vestiario.

A través de A moda en detalles darase a coñecer como vestían as mulleres coetáneas a Vinyals, os seus gustos, como accedían á moda ou como eran as diferentes tendencias nas que o gusto pola diversidade foi predominante, ademais dun símbolo de modernidade para moitas mulleres. Entre os fondos mostrados estarán pezas que pertenceron ás irmás Domecq, á familia García Solís ou ás irmás Mendoza.

En concreto, “A moda en detalles” recolle 200 pezas de bordados, abalorios, calzado, cosmética, xoiería, publicacións, complementos e pezas únicas na moda feminina de finais do século XIX e comezos do XX, moitas delas inspiradas na moda de París ou con tecidos procedentes dos mellores almacéns de Londres.

A exposición “A moda en detalles: indumentaria e complementos (1870-1925)”, na que tamén colabora o Museu Virtual de la Tarjeta Postal de Catalunya, poderá visitarse na Sala de Tapices do Castelo de Soutomaior desde o xoves 20 de decembro ata o 18 de febreiro.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.