Encontro entre o Delegado de Zona Franca e a Alcaldesa de Tomiño para estudar vías de colaboración co Baixo Miño
A visita puxo sobre a mesa o interese de ambos por iniciar estudos para unha posible colaboración que teña como obxecto o desenvolvemento dos sectores produtivos do Baixo Miño. Sandra González, que asistiu acompañada do concelleiro de Planificación Territorial, Uxío Benítez, trasladou a David Regades o interese do concello tomiñes en levar adiante co apoio de Zona Franca diversas iniciativas de mellora para esta comarca.