spot_img
InicioBaixo MiñoAs campás da Catedral, San Telmo, San Francisco e As Clarisas soarán...

As campás da Catedral, San Telmo, San Francisco e As Clarisas soarán no concerto “As Badaladas de San Telmo”

As "Badaladas" de San Telmo e o Patrimonio Cultural InmaterialO concerto “Badaladas de San Telmo”, o primeiro concerto de campás que se celebra na cidade, terá lugar o domingo 28 de abril ás 18,00h.

Na presentación deste concerto realizada onte, estiveron presentes o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Cultura, Eduardo Freiría, a soprano e etnomusicóloga Montserrat Palacios e o compositor e artista sonoro Llorenç Barber.

Freiría destacaba a importancia de dar visibilidade a este instrumento e desta maneira “á profesión de fundidor, aos campaneiros e a propia arquitectura que alberga estes instrumentos musicais” unindo a tradición e a vangarda.

Pola súa banda Carlos Padín, subliñou o carácter distintivo que este concerto dá ás Festas de San Telmo de Tui con respecto a outras e o seu desexo de que este fora o “primeiro de moitos”.

Montserrat Palacios avanzou que a partitura tendrá unha sonoridade de matraca.Tendo en conta que é unha peza de madeira, recomenda estar atentos pois o son é máis baixo que o das campás. Finalmente subliñou que “estas pezas non existen e son moi difíciles de conseguir”.

No concerto haberá ademais un solo de matraca dunha peza recentemente restaurada

Na súa intervención Llorenç Barber, explicou que respecto ao mundo dos campaneros e das campás, “a modernidade non foi completa e deixou moitas cousas por facer nas esquinas”. “A sutileza do campanario antigo desaparece e agora cando soan campás, non sabes si soan en Sevilla o soan en Tui. O motor co seu martillo non distinguen matices, senón que sempre toca fortísimo e sempre no beizo”. Lorenç tamén subliñou que o que se va a “escoitar no concerto son os sons das campás, non melodías”.

As "Badaladas" de San Telmo e o Patrimonio Cultural InmaterialMatraca ou carraca.

Instrumento de percusión formado por unha roda de táboas en forma de aspa que ao virar son golpeadas por pequenos mazos; produce un ruído seco e desagradable. “a matraca facíase soar nas igrexas por Semana Santa en lugar de campás ou campanillas”

Monserrat Barber e Lorenç Palacios cóntannos que acaban de chegar de Braga, onde celebraron outro concerto con motivo da conmemoración do 25 de abril. E nesta ocasión e baixo a coordinación artística do festival Música no Claustro e de preto de 25 voluntarios, con e sen experiencia musical, van a tocar as campás da Catedral de Tui, do Convento das Clarisas, da Igrexa de San Francisco e da Igrexa de San Telmo.

Serán 43 minutos de concerto coa Catedral como punto de inicio e sincronía cos demais campanarios, que, se ven non executan unha melodía, a peza está baseada nos ritmos do himno de San Telmo.

Aconséllase estar en continuo movemento polas rúas para apreciar as distintas sonoridades dos campanarios

O Paseo da Corredoira, a Praza de San Telmo e a Praza do Concello son algúns dos puntos recomendados polos expertos para escoitar o concerto, asegurando, que o fundamental é estar en continuo movemento polas diferentes rúas da cidade para poder percibir o son dos distintos campanarios. Destacaban ademáis as diferentes sonoridades que se poderán apreciar en cruces e espazos con construcións de diferentes alturas.As "Badaladas" de San Telmo e o Patrimonio Cultural Inmaterial

Dende a Praza do Concello ademáis poderán escoitar no alto da Catedral a campá de San Telmo e a de Santa  Bárbara ao carón da Campá de Santa Ana, a máis antiga da cidade, do ano 1511 e unha joya do gótico.

As campás formaron parte das nosas vidas ao longo de moitos séculos, pero e como é unha campá?

 

- Publicidade -spot_img