Inicio Pontevedra Louriña Mos celebra o Día da Árbore cunha prantación de exemplares a cargo...

Mos celebra o Día da Árbore cunha prantación de exemplares a cargo dos cativos da Escola Infantil Trastes

Mos celebra o Día da Árbore cunha prantación de exemplares a cargo dos cativos da Escola Infantil TrastesRealizouse nunha parcela municipal no Polígono da Veigadaña coa participación de 70 nenos e nenas

Con motivo do Día da Árbore, o Concello de Mos xunto con AEMOS e a Escola Infantil Trastes organizou a mañá de onte, unha actividade de prantado de árbores na parcela municipal contigua á dita á Escola Infantil con alumnado da mesma.

Na iniciativa estiveron presentes a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Urbanismo e Participación Cidadá, Julia Loureiro, o presidente de AEMOS, Manuel Castro, membros da dirección e equipo docente de Trastes e membros da dirección do Obradorio Municipal de Emprego Mos Rehabilita II, encargado de conducir esta actividade.

Preto de 70 cativos das Escolas Infantís Trastes de Mos, Poio, Santiago e Oroso, prantaron hoxe 40 árbores coa axuda dos 10 integrantes (9 allumnos/as-traballadores/as e 1 monitor) da especialidade de xardinería forestal do Obradoiro Mos Rehabilita II.

En total, entre plantación e recuperación, esta parcela municipal no Polígono da Veigadaña quedará reforestada con 130 exemplares de árbores autóctonas e de xardinería: carballos, loureiros, figueiras, cereixeiras, arces, olmos, membrillos…

Estes traballos que están a ser realizados polos membros do Obradoiro de Emprego quedarán rematados ao longo do vindeiro luns 29 de abril. O Obradoiro de Emprego Mos Rehabilita II continuará en activo ata o vindeiro 10 de agosto.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies