spot_img
InicioPontevedra e ÁreaPontevedraArte prehistórica. Da rocha ao museo

Arte prehistórica. Da rocha ao museo

Arte prehistórica. Da rocha ao museoO Museo de Pontevedra ten aberta, ata o 9 de outubro. a exposición ‘Arte prehistórica. Da rocha ao museo’, unha homenaxe á arte rupestre da man do Museo Arqueolóxico Nacional (MAN).

Revista COUSAS DE nº14

A mostra conmemora o centenario da exposición ‘Arte prehistórica española de 1921’, un fito fundamental para o coñecemento e a difusión da arte prehistórica, e supón un percorrido polas formas de exposición da arte rupestre que fai reflexionar sobre as súas posibilidades de contextualización nos museos.

Chega a Pontevedra tras a súa exhibición no MAN en Madrid durante catro meses, no Museo de Altamira, e en Portugal, sendo organizada polo Ministerio de Cultura e Deporte e Acción Cultural Española (AC/E), co apoio de Bolsas e Mercados Españois (BME) e a Asociación Cultural de Amigos e Protectores do MAN (ACAPMAN).

Conta con máis de 250 pezas procedentes das coleccións do MAN e doutras institucións como o Museo do Traxe e o Museo de Arte Moderna e Contemporánea de Santander. Entre elas, o público pode contemplar lenzos que reproducen algunhas das imaxes máis representativas da arte rupestre española, expostos por primeira vez en 70 anos, así como ferramentas, ídolos, obxectos cerámicos ou ronseis gravados, procedentes do contexto arqueolóxico das devanditas pinturas. No percorrido polas salas pódense coñecer as orixes do estudo da arte prehistórica e rupestre, xurdida polo interese que suscitaron descubrimentos como os da Cova de Altamira.

Haberá visitas guiadas e actividades complementarias.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.