spot_img
InicioPontevedra e ÁreaAmpliada en 600 metros cadrados a superficie da Protectora de Animais Aloia

Ampliada en 600 metros cadrados a superficie da Protectora de Animais Aloia

Ampliada en 600 metros cadrados a superficie da Protectora de Animais AloiaOs máis de cen cans que viven nas instalacións poderán así realizar paseos diarios

O Concello de Tui vén de ampliar en 600 metros cadrados o espazo do que dispón a Protectora de Animais Aloia. En concreto véñense de rematar as obras que  permiten incrementar a superficie de patio da que poderán gozar os máis de cen cans que coidan.

A execución do proxecto comezou en 2016 cando se realizou a limpeza de vehículos inutilizados que había traseira das naves municipais. O ano pasado, ao abeiro do Plan Concellos 2017, construíuse un muro de contención. Agora veñende rematarse as instalacións coa colocación dun peche metálico e co recheo do terreo.

Nestes momentos nos que a Protectora de Animais Aloia non pode realizar os paseos dominicais cos cans agradecerán esta espazo para poder realizar paseos diarios dentro das instalacións.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.