Inicio Vigo e área Redondela Primeira reunión da mesa de Asesoramento Económico e Reestruturación do Comercio de...

Primeira reunión da mesa de Asesoramento Económico e Reestruturación do Comercio de Redondela

Primeira reunión da mesa de Asesoramento Económico e Reestruturación do Comercio de RedondelaO Goberno redondelán, partidos políticos e tecido asociativo, empresarial, laboral, social e sindical do municipio, comezan os traballos para a reactivación económica unha vez que remate o estado de alarma.

Dispoñer de plans e ferramentas que, unha vez rematado o estado de alarma, contribúan a reactivación económica do municipio á maior brevidade posible, é o obxectivo da Mesa de Asesoramento Económico e Reestruturación do Comercio que na mañá de hoxe celebrou a súa primeira reunión telemática e na que participan o Goberno local, partidos políticos e representantes da Asociación de Empresarios, da Confraría de Pescadores, dos sindicatos, do sector do taxi e da Federació de Asociacións Veciñais, amais de Axentes de Emprego e Desenvolvemento local.

Esta primeira reunión serviu, asegurou o Goberno local, “para escoitar as primeiras impresións e propostas dos participantes de cara a poder realizar un análise detallado dos posibles futuros que se poden presentar e as medidas a adoptar”.

Así, a Mesa ten prevista xa unha segunda reunión dentro dos próximos 10 días para xa “sobre propostas concretas, comezar a traballar nas medidas que contribúan a que Redondela recupere o seu pulso social e económico á maior brevidade posible”.

Nese sentido, a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, sinalou a necesidade “de traballar todos xuntos, na mesma dirección e cun obxectivo común que non é outro que a dinamización económica do municipio”.

O Equipo de Goberno fixo especial fincapé no feito de que mentres está en vigor o estado de alarma “é o momento idóneo para comezar a traballar coa vista posta no día despois”. Polo tanto, e dende esa perspectiva, do traballo desta Mesa de Asesoramento Económico, deberán saír medidas concretas “para implementar un plan de choque que contribúa a recuperación económica no menor tempo posible”.

Insistiu a alcaldesa Digna Rivas, no feito que “ninguén quedará atrás” polo que tamén se deseñarán medidas específicas “encamiñadas á xeración de emprego e a inserción laboral das persoas que, por desgraza, perderon os seus empregos nesta crise”.

Preténdese, polo tanto, a elaboración dun documento de traballo “flexible e aberto no que se poidan ir propoñendo e desenvolvendo novas accións co fin último da dinamización laboral, económica e comercial de Redondela”.

Non debe ser, asegurou a alcaldesa, “a labor do Goberno en solitario, senón unha acción conxunta da sociedade redondelá porque o obxectivo que se busca é o beneficio colectivo de toda a cidadanía”.

A propia composición desta Mesa de Asesoramento Económico e Reestruturación do Comercio, afirma o Equipo de Goberno, “inclúe á totalidade dos veciños e veciñas de Redondela a través dos seus representantes sociais, políticos, sindicais ou laborais”.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies