spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaO alumnado do Conservatorio de Música da Guarda continúa coa súa formación...

O alumnado do Conservatorio de Música da Guarda continúa coa súa formación de xeito telemático

O alumnado do Conservatorio de Música da Guarda continúa coa súa formación de xeito telemáticoDende o pasado 13 de marzo e despois de manterse unha reunión entre o equipo do profesorado do Conservatorio de Música Elemental da Guarda e a Concelleira Delegada María Elena Baz, acordouse a suspensión das clases presenciais, manténdose as mesmas en activo de xeito telemático a través de videochamadas nas cales o profesorado está a impartir clases continuando cos mesmos horarios antes da activación do estado de alarma.

Deste xeito se trata de acadar certa normalidade con respecto á formación musical dos alumnos e alumnas do Conservatorio de Música Elemental da Guarda, cun contacto directo cos seus profesores, compañeiros e compañeiras de clase e, como non podía ser doutro xeito, cos instrumentos.

Tal e como se manifestou dende a dirección do Conservatorio, esta experiencia está a dar moi bos resultados, cunha valoración moi positiva, tanto por parte dos alumnos coma por parte do equipo do profesorado.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.