spot_img
InicioAlto MinhoAECT Rio Minho solicita aos gobernos de España e Portugal a apertura...

AECT Rio Minho solicita aos gobernos de España e Portugal a apertura inmediata de novos pasos fronteirizos

A Ponte Internacional que une Tui e Valença está de aniversarioO AECT Rio Minho traslada aos gobernos España e Portugal unha declaración conxunta con demandas específicas para o restablecemento da normalidade na fronteira

O AECT Rio Minho trasladou hoxe aos respectivos gobernos centrais de España e Portugal unha declaración conxunta asinada polos representantes das câmaras municipais e dos concellos do territorio transfronteirizo do río Miño a partir das conclusións da reunión telemática matida entre os e as rexidoras o pasado martes 28 de abril. O documento recolle unha serie de demandas sociais e económicas, algunhas de carácter inmediato, de cara ao proceso de volta á normalidade que se desenvolverá durante as próximas semanas e meses, segundo explicou o deputado de Cooperación Transfronteiriza e director do AECT Río Miño, Uxío Benítez.

Ademais de solicitar coordinación entre ambos os Estados o texto reclama a apertura de novos pasos fronteirizos como medida inmediata

O documento establece como prioridade a apertura inmediata de novos pasos fronteirizos no territorio para a facilitación do tránsito dos traballadores e traballadoras que deben cruzar cada día o río para acudir aos seus postos de traballo. Así mesmo, solicita “o restablecemento da libre circulación entre países cando rematen os estados de alarma español e portugués, condicionada esta aos controis de saúde necesarios”, e “no caso de que se prolongue o control de fronteiras” pide que se valore “a posibilidade de facilitar o paso de residentes entre concellos fronteirizos”, explicou Uxío Benítez.

Outra demanda fundamental feita polos gobernos locais é a coordinación entre os Estados español e portugués na posta en marcha das medidas de desescalada, “evitando partir en dous as eurocidades existentes e os territorios transfronteirizos en xeral”.

A declaración conxunta destaca tamén a necesidade dunha “avaliación de danos económicos nos sectores máis afectados promovendo propostas de axuda e estudos de viabilidade”, e a elaboración de “políticas de apoio coa partipación dos axentes locais e dos actores socioeconómicos do territorio”, engadiu Benítez.

“A quebra da actividade produtiva e comercializadora do sector primario, e singularmente da pesca de lamprea e da pesca marítima, deben constituír unha oportunidade para aplicar políticas de conservación e rexeneración dos recursos, que teñan efectos favorables na natureza e na xestión do recurso natural no futuro”, inclúe o texto. Neste sentido, os e as rexedoras consideran importante “pactar entre Estados unha dinámica única e coordinada, de conservación e de explotación, en termos de xustiza e de eficacia das políticas sobre o río e os recursos naturais comúns”, prosegue a declaración.

Por último, o AECT Río Miño preséntase como o mellor instrumento para propor medidas conxuntas que non produzan desequilibrios entre ambas as beiras do río Miño polo seu coñecemento do terreo e o seu carácter internacional.

DOCUMENTO: Declaración Conxunta AECT Covid-19 gal

- Publicidade -spot_img