Inicio Galicia Galicia proporá no Consejo Jacobeo un protocolo de medidas sanitarias específico para...

Galicia proporá no Consejo Jacobeo un protocolo de medidas sanitarias específico para o Camiño de Santiago

Galicia estreita lazos con Francia para reforzar o papel histórico deste país na peregrinación a Santiago de CompostelaGalicia proporá hoxe no Consejo Jacobeo contar cun protocolo de medidas sanitarias específico para o Camiño de Santiago, unha proposta na que a Comunidade xa ten avanzado da man do Instituto da Calidade Turístico Española (ICTE) e á que convidará a sumarse a todos os territorios polos que discorre a Ruta Xacobea co obxectivo de traballar de xeito conxunto.

A Comisión Executiva do Consejo Jacobeo, órgano de coordinación entre o Goberno central e as comunidades autónomas, reunirase por vía telemática despois de que así fose solicitado pola Xunta de Galicia ao Goberno central o pasado 13 de abril. Desde entón, mantivéronse encontros con numerosos colectivos dunha quincena de países dos cinco continentes co fin de recoller as súas achegas coa máxima axilidade e detalle.

Os representantes da Consellería de Cultura e Turismo exporán os pasos que se están a dar desde Galicia para traballar na reactivación do Camiño e na reconfiguración do Xacobeo 2021 e reiterarán a petición de ampliar as desgravacións fiscais polo Ano Santo durante todo o 2022, unha medida que polo de agora abarca só ata o 30 de setembro de 2021. Prolongar os seus efectos como acontecemento de excepcional interese público estimularía os recursos privados e multiplicaría a súa repercusión.

Grupos de expertos e estudo coa USC

Sobre o labor impulsado desde Galicia, atópase a creación dun grupo de expertos que se reunirá por primeira vez esta mesma semana. Estará composto por membros de todos os colectivos implicados como as asociacións de amigos do Camiño, a Igrexa ou a administración local, ademais de expertos do ámbito económico, cultural e turístico da Comunidade, entre outros. Froito da súa análise, elaborarán unha folla de ruta que permita reorientar o Xacobeo 2021 para que sexa un motor de reactivación económica que favoreza a dinamización do rural e potencie as industrias cultural e turística.

Vencellado a este grupo, a Xunta traballa xa coa Universidade de Santiago, a través do Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (Idega), na elaboración dun estudo sobre o impacto da crise sanitaria no Camiño, unha ferramenta indispensable que orientará as políticas de reactivación ante a oportunidade que supón o Xacobeo.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies