spot_img
InicioCondado ParadantaA CañizaA presión dos concellos de Crecente, Salvaterra, Arbo e As Neves, logra...

A presión dos concellos de Crecente, Salvaterra, Arbo e As Neves, logra que se reabra a pesca tradicional da lamprea no Miño

A presión dos concellos de Crecente, Salvaterra, Arbo e As Neves, logra que se reabra a pesca tradicional da lamprea no MiñoO pasado sábado os alcaldes das Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez; Arbo, Horacio Gil; Crecente, Julio César García-Luengo e a alcaldesa de Salvaterra, Marta Valcárcel, mantiveron unha reunión para solicitar ao Goberno do Estado que, tal e como decidira o Consello de Ministros de Portugal, se reabrirse a tempada de pesca tradicional da lamprea.

Como consecuencia da decisión adoptada polo Consello de Ministros Portugués, onde se autoriza a partires do día 4 de maio a reapertura da pesca tradicional nas pesqueiras na marxe esquerda internacional do Río Miño, decisión da que os alcaldes se enteraron polos medios de comunicación e ante a falta de información na parte española sobre este tema, os alcalde  e a alcaldesa dos catro municipios, reuníronse de maneira urxente este sábado, para tratar sobre a pesca da lamprea.

Na reunión os rexedores e a rexedora, decidiron remitir  un escrito conxunto dirixido á Delegación do Goberno en Galicia solicitando a reapertura da temporada de pesca tradicional nas “Pesqueiras” do tramo internacional do Miño, tendo en conta que este tipo de actividade esta considerada como pesca tradicional con destino autoconsumo.

Os alcaldes e a alcaldesa entendian que se se autoriza o desprazamento persoal para coidade de animais e a actividades relacionadas coa agricultura para autoconsumo, a pesca da lamprea debería estar dentro desta categoría.

Deste xeito, o Goberno do Estado atende a solicitude dos alcaldes de Arbo, Crecente, As Neves e da alcaldesa de Salvaterra e os seus argumentos a favor de permitir a pesca tradicional en tanto  que concorda coas normas en vigor en relación coa pandemia do Covid-19 que permiten, para autoconsumo, a cría e coidado de animais, ou traballo nas hortas.

- Publicidade -spot_img