spot_img
InicioVal MiñorNigránA vida dun miñorán na Antártida, frío, neve e quecemento global

A vida dun miñorán na Antártida, frío, neve e quecemento global

A vida dun miñorano na Antártida, frío, neve e quecemento global
Foto de Santiago Baluja

Santiago  Baluja  é un  miñorán que naceu como outros moitos en Vigo no ano 1977 e ata aquí todo normal, pero se ademais aclaramos que traballa no Polo sur, a 15.000 kms de Nigrán, a cousa empeza a cambiar e moito.

E é que este apaixonado do mar leva xa tres campañas Antárticas, dúas a bordo do “Sarmiento de Gamboa” e este ano, tras rematar a tempada co fin do verán austral, como técnico da base Juan Carlos I, situada na illa  Livingston na Antártida. Iniciou os seus estudos en Mariña  Civil en Coruña, posteriormente Patrón de Altura da Mariña Mercante e Capitán de Pesca na Náutico Pesqueira de Vigo. En 2009 embarcouse no “Emma  Bardán”, un buque oceanográfico do MARM. Foi pasando por distintas embarcacións ata que en 2015, xa no  B/O “Sarmiento de Gamboa” (CSIC), comeza a súa verdadeira aventura.

“As campañas realízanse no verán austral, é dicir de decembro a abril. A temperatura oscila entre -3 e +3, pero o problema é o vento, que roza o glaciar e fai baixar a sensación térmica ata -25º C. Cando vén tan frío e húmido, notas coma se centos de agullas cravásense na túa cara”.
Foto Santiago Baluja – Vista da Base

7.000 millas a bordo do “Sarmiento de Gamboa”

Este  miñorán confesou vivir unha experiencia apaixonante xa que cando lle propuxeron o roteiro levaba dous anos a bordo do oceanográfico e non o dubidou. “Saímos de Vigo, cruzamos o Atlántico norte, o Ecuador e o Atlántico Sur entrando polo estreito de Magallanes ata Punta Areas (Chile). Despois o mítico Cabo de Fornos e Paso do Drake ata a Antártida, en total 28 días de viaxe” explicou. Un periplo por medio mundo que se viu recompensado ao chegar ao continente branco, un traxecto de nada máis e nada menos que 7.000 millas náuticas

A vida dun miñorano na Antártida, frío, neve e quecemento global
Foto Santiago Baluja

Un día a día marcado por rutinas e un calendario suxeito á climatoloxía

O día a día  na base está moi marcado por un calendario estrito no que os horarios e hábitos respéctanse a machada.  Unhas xornadas que comezan ás 8 horas co almorzo, media hora máis tarde acoden a un briefing cos científicos e meteorólogos, para marcar a folla de roteiro do día e xa ás 9 da mañá saen ao exterior. Ás 13,30 acoden a comer e ás 15,00 volta ao traballo de campo ata que ás 19 horas o día fóra da base dáse por concluído. Media hora máis tarde vólvense a reunir para estudar o parte do día seguinte, así como a planificación en xeral e proxectos a executar. O papel de Santiago aquí é o de acompañar aos investigadores por mar  para darlles unha garantía de seguridade, do mesmo xeito que os seus compañeiros fano por terra.

A vida dun miñorano na Antártida, frío, neve e quecemento global
Foto Santiago Baluja
As campañas realízanse no verán austral, é dicir de decembro a abril. A temperatura oscila entre -3 e +3, pero o problema é o vento, que roza o glaciar e fai baixar a sensación térmica ata -25º C. Cando vén tan frío e húmido, notas coma se centos de agullas cravásense na túa cara”.

Lugar estratéxico para entender o quecemento global

A pesar de que  Baluja non é científico, senón técnico, traballa de xeito conxunto con eles co que as súas conclusións sobre este fenómeno están moi ben fundadas. Cando lle preguntan se o quecemento global existe responde cun rotundo sí pero fuxindo de alarmismos. “Somos demasiadas persoas no planeta facendo consumo de combustibles fósiles. A industria, o transporte, a gandería, etc. Demasiados gases de efecto invernadoiro. Inevitablemente hai síntomas inequívocos de que a temperatura do planeta ascende”, explicou. Este feito provoca que os cambios no clima prodúzanse de maneira máis brusca e sen previo aviso. O técnico explicou que o emprazamento da base é perfecto para este tipo de estudos debido a que no verán austral as temperaturas roldan o 0 graos, con oscilacións de en torno 5 graos centígrados. “É un punto crítico que se atopa ao límite do desxeo e con que hai un grao de diferenza os cambios aquí nótanse antes que no resto do mundo, precisamente pola ausencia da acción do home, é un ecosistema virxe” , engadiu.

“As campañas realízanse no verán austral, é dicir de decembro a abril. A temperatura oscila entre -3 e +3, pero o problema é o vento, que roza o glaciar e fai baixar a sensación térmica ata -25º C. Cando vén tan frío e húmido, notas coma se centos de agullas cravásense na túa cara”.
Foto Santiago Baluja

Como exemplo práctico Baluja sírvese do Caribe, onde  a formación de furacáns créase cando a auga alcanza temperaturas de 27 a 28 graos, “Se aquí sobes un grao, no canto de ter fenómenos puntuais converteríanse en continuados cas consecuencias que conleva no entorno”, explicou.

“Cada vez hai máis neve, é algo  paradóxico”

Outro factor que apunta a un quecemento márcao un feito  paradóxico, e o que o técnico asegura que cada vez hai máis neve, un elemento que pode dar a pensar que as cousas marchan ben pero a realidade é que onde agora precipita, antes había auténticos desertos xeados. “Débese a que as masas de aire cada vez son máis cálidas e húmidas. Ao final os glaciares retroceden e isto marca un indicio de que algo está a cambiar”, afirmou.

“As campañas realízanse no verán austral, é dicir de decembro a abril. A temperatura oscila entre -3 e +3, pero o problema é o vento, que roza o glaciar e fai baixar a sensación térmica ata -25º C. Cando vén tan frío e húmido, notas coma se centos de agullas cravásense na túa cara”.
Foto Santiago Baluja – Buque Hespérides

 

- Publicidade -spot_img