Inicio Val Miñor Baiona Nigrán facilita mamparas protectoras ao Posto principal da Guardia Civil no Val...

Nigrán facilita mamparas protectoras ao Posto principal da Guardia Civil no Val Miñor

Nigrán facilita mamparas protectoras ao Posto principal da Guardia Civil no Val MiñorO Concello de Nigrán facilitou hoxe ao Posto Principal da Guardia Civil en Baiona tres mamparas de metacrilato deseñadas e confeccionadas a medida polo propio edil de Seguridade, Rubén Rial, quen se desprazou persoalmente esta mañá a instalalas na oficina especializada en violencia de xénero e na de demáis denuncias.

Estas pantallas son unha efectiva medida de hixiene e protección ante o Covid-19 que beneficia tanto aos axentes como aos veciños de todo o Val Miñor que se teñen que desprazar ao cuartel a efectuar denuncias.

“Sabemos que os diferentes corpos e forzas de seguridade e o persoal sanitario son os colectivos máis expostos ao contaxio e desde o Concello de Nigrán estamos a colaborar en todo o que supoña mellorar a súa protección”, incide o alcalde, Juan González.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies