Inicio Val Miñor Nigrán O Concello de Nigrán tínguese de azul no Día Mundial de Concienciación...

O Concello de Nigrán tínguese de azul no Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo

O Concello de Nigrán tínguese de azul no Día Mundial de Concienciación sobre o AutismoO Concello de Nigrán únese á Fundación Menela e tinguirase un ano máis de azul esta noite coincidindo co Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, nesta ocasión baixo o lema “Podo aprender. Podo traballar”, dous eixes claves para a inclusión e mellora da calidade de vida das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) e as súas familias: a educación e o emprego.

Nesta situación, marcada pola crise sanitaria do Covid-19, o Concello de Nigrán subliña o dereito a saídas terapéuticas deste colectivo e acompañantes (instrucción do 19 de marzo de 2020 do Ministerio de Sanidade). “As súas saídas son por saúde e por suposto que non teñen que levar ningún distintivo para exercer o seus dereitos, amosemos todos comprensión e respecto e non pre-xulguemos a ninguén desde o balcón”, indica o alcalde, Juan González.

Desde o goberno local subliñan o dereito a saídas terapéuticas deste colectivo durante o estado de alarma. “Por suposto que non teñen que levar ningún distintivo (…), amosemos todos comprensión e respecto e non pre-xulguemos a ninguén desde o balcón”

No marco desta campaña que en Nigrán promove a Fundación Menela (xestiona un centro de atención a persoas con este trastorno en Priegue ) o movemento asociativo e o Concello súmanse á iniciativa mundial Light It Up Blue (#LIUB), promovendo a iluminación en azul de edificios e monumentos emblemáticos do noso país, como mostra de solidariedade coas persoas con TEA e as súas familias.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies