Inicio Baixo Miño A Guarda Voluntarios de Conrazones seguen axudando ás familias sen recursos que están confinadas...

Voluntarios de Conrazones seguen axudando ás familias sen recursos que están confinadas nas súas casas

Voluntarios de Conrazones seguen axudando ás familias sen recursos que están confinadas nas súas casasNo municipio da Guarda e en cooperación cos Servicios Sociales, voluntarios de Conrazones, seguen axudando ás familias sen recursos que están confinadas nas súas casas e non teñen diñeiro para acudir ao supermercado, tomando todas as precaucións que as autoridades están a impoñer.

A repartición de alimentos está a realizarse de maneira extraordinaria entre persoas maiores e familias con nenos. A semana pasada recolléronse 120 repolos, dos cales 30 foron repartidos entre as familias que axudamos semanalmente e co resto fíxose un trueque con outra asociación por arroz e fabas.

Agora que a xente esta facendo limpeza en casa e ordenando armarios, animámosvos a que lavedes o que este ben, gardalo en bolsas e cando se levante o estado de alarma,  achegádelo á asociación para darlle unha segunda oportunidade.

E lembrade: “QUEDEMOS NA CASA” “ENTRE TODOS, IMOS CONSEGUILO” CUN PEQUENO XESTO, AS COUSAS CAMBIAN.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies