Inicio Baixo Miño A Guarda A nova rúa Concepción Arenal da comezo ao cambio do modelo urbano...

A nova rúa Concepción Arenal da comezo ao cambio do modelo urbano na Guarda

A nova rúa Concepción Arenal da comezo ao cambio do modelo urbano na GuardaA Guarda únese á corrente de recuperación do espazo público para as persoas que xa se comezou noutras localidades da comarca.

O Concello da Guarda estrea estes días a súa nova rúa Concepción Arenal tras as obras acometidas nos últimos meses nun proxecto cofinanciado pola Diputación de Pontevedra.

Anteriormente esta rúa soportaba unha alta presión de tráfico rodado, e coa intervención acometida convertiuse nun espazo onde as guardesas e guardeses poden pasear, mercar ou tomar algo nos establecementos da zona. Na actual configuración da rúa o tráfico rodado está restrinxido e toda a zona é prioritaria para os peóns.

Esta rúa supón o pistoletazo de saída a un novo modelo de mobilidade na Guarda, que recuperará o espazo público no centro da vila para as persoas. Esta visión responde á necesidade de transformar o centro urbano nun espazo integrador, accesible e dinámico.

O Concelleiro de Mobilidade, Modelo Urbano e Comercio e Teniente Alcalde, Anxo Baz sinala a importancia deste paso como o primeiro de moitos no camiño de transformación do centro da vila no corazón do municipio cun novo modelo pensado nas persoas. Ademáis, lembra que está mais que demostrado que este tipo de intervencións supoñen un impulso positivo para os comercios e establecementos hostaleiros e polo tanto para un sector que é clave na economía do municipio. “Miramos cara a un futuro no que o centro da Guarda sexa un lugar aberto e agradable onde as veciñas e veciños se atopen, convivan, paseen, fagan a compra, lean o xornal, tomen algo e onde acollamos ás persoas que nos visitan cada ano cun sentimento de orgullo, presumindo da nosa preciosa vila”.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
300SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies