Inicio Pontevedra Baixo Miño As asociacións do Baixo Miño, Érguete e Cruz Vermella reuníronse coa alcaldesa...

As asociacións do Baixo Miño, Érguete e Cruz Vermella reuníronse coa alcaldesa do Rosal para explicar os seus proxectos

As asociacións do Baixo Miño, Érguete e Cruz Vermella reuníronse coa alcaldesa do Rosal para explicar os seus proxectosNestes últimos días dous das asociacións máis importantes de atención social que traballan na zona, reuníronse coa alcaldesa do Rosal para intercambiar opinións sobre o seu traballo e os recursos existentes para a atención asistencial na nosa contorna.

Da asociación Érguete Baixo Miño estiveron presentes na reunión Victoriano Rodríguez González presidente da entidade, Natalia González González traballadora social e Dolores Costa educadora social.

A función principal da asociación é  desenvolver diferentes programas de promoción e educación para a saúde coa finalidade de mellorar a calidade de vida da poboación en xeral e facilitando ao mesmo tempo a integración social e laboral daqueles que por razón de exclusión social se atópan nunha situación desfavorecida ou en risco de exclusión social.

Son numerosas as accións que levan a cabo en diferentes ámbitos como escola, familias, mocidade, mulleres e poboación desempregada.

Por parte de Cruz Vermella Comarcal Baixo Miño asistiron á reunión coa alcaldesa, Jose Mª Salcidos, presidente da entidade e Neli Rodríguez Girádez, traballadora social e coordinadora do equipo comarcal.

As asociacións do Baixo Miño, Érguete e Cruz Vermella reuníronse coa alcaldesa do Rosal para explicar os seus proxectos

Dos temas tratados na reunión entre outros falouse do proxecto de traballo da entidade, no que máis de 30 persoas voluntarias realizan accións ao longo de todo o ano.

Cruz Vermella é unha asociación cunha longa traxectoria a nivel internacional, e na comarca leva máis de 15 anos ofertando actividades e recursos a persoas en situacións desfavorecidas. Entre outras, atención con persoas maiores, familias acolledoras, integración de inmigrantes, prevención de exclusión escolar, atención a mulleres en dificultade social, prevención de conductas violentas, educación para a saúde e formación destinada á búsqueda activa de emprego, etc.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

693FansGóstame
311SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies