Inicio O Morrazo Bueu En Bueu danse cita un ano máis a música, a gastronomía, a...

En Bueu danse cita un ano máis a música, a gastronomía, a enoloxía e a natureza co festival #SonRíasBaixas

En Bueu danse cita un ano máis a música, a gastronomía, a enoloxía e a natureza co festival #SonRíasBaixasO concello de Bueu é este fin de semana o epicentro dos #FestivaisRíasBaixas que promove a Deputación de Pontevedra, coa celebración da décimo sétima edición do SonRías Baixas, un evento no que se dan cita a música, a gastronomía, a enoloxía e a natureza e ao que o pasado ano asistiron 22.000 persoas.

A institución provincial leva un ano máis ata o festival de Bueu as súas campañas de sustentabilidade e igualdade. No primeiro caso, hoxe está instalado no recinto multiusos da Estacada o stand informativo da campaña “Experiencias Sostibles”, que este ano está a concienciar na loita contra os plásticos e os seus efectos no medio ambiente e na saúde das persoas, e que sucede á desenvolvida o pasado ano, “Somos historias. Somos sostibles”, na que se repartiron 2.000 ecocabichas neste festival. As deputadas Ana Laura Iglesias e Iria Lamas estarán esta tarde no devandito stand.

Ademais, nesta xornada e na de mañá sábado desenvolverase a campaña de igualdade para previr agresións sexuais categorizadas como violacións en cita e agresións por submisión química, baixo os lemas #LEMBRAEUDECIDOTIRESPECTAS e #CONTACOMIGOEURESPÉCTOTE. Deste xeito, técnicas do Servizo de Igualdade da Deputación mantiveron esta mañá un encontro no Concello de Bueu co alcalde, Félix Juncal, e a concelleira de Igualdade, Ana Isabel Otero, para informarlles das novidades desta terceira edición e o plan de traballo previsto, ademais de facer balance da campaña do ano pasado neste evento, no que preto de mil persoas se achegaron ao stand informativo da institución provincial.

No posto informativo da Deputación, cinco axentes entregarán os folletos desta iniciativa, dirixida a mozas e mozos con contidos diferenciados para mulleres e para homes, e outros materiais promocionais que complementan a campaña, como adhesivos, sombreiros, tarxetas e pulseiras.  Este ano, como novidade, repartiranse as guías en castelán, recollendo así as suxestións do público da pasada edición que proviña doutras comunidades autónomas. O stand estará hoxe aberto desde as 20 ás 23 horas, e mañá de 12 ás 15 horas e de 20 ás 22.30 horas. A presidenta da Deputación, Carmela Silva, fará mañá ao mediodía unha visita ao festival e a este posto informativo, a partires das 13.30 horas.

O SonRías baixas aposta por unha programación que combina grupos xa consolidados con novas descubertas. No cartel desta xornada figuran a orquestra La M.O.D.A., o Mc sevillano Toteking, Iseo & Dodosound with de Mousehunters, Muyayo Rif e Nius de Nit. Como novidade, haberá un escenario na zona de acampada no que actuarán o grupo de hip hop e reggae feminista Hakuna Tanaka, os galegos Som do Galpom e a banda indie Ambigüo. E mañá, no remate do festival, actuarán Sés e unha banda sorpresa (ao mediodía na Casa SonRías Baixas) e, pola noite, La Pegatina, Segismundo Toxicómano, Boikot, Dakidarría, Zea Mays e Ninhodelosrecaos DJ.

A programación do festival complétase con outras actividades, nas que a gastronomía local tamén será protagonista. Así, na xornada de mañá, a Casa SonRías abrirá as súas portas ao mediodía para que diferentes cociñeiros da comarca preparen polbo da ría en distintos pratos.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

693FansGóstame
311SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies