Inicio Pontevedra A II edición da 'Ruta das Maceiras en Flor' tendrá este ano...

A II edición da ‘Ruta das Maceiras en Flor’ tendrá este ano tres itinerarios polo concello da Estrada

A II edición da 'Ruta das Maceiras en Flor' tendrá este ano tres itinerarios polo concello da EstradaEste ano a ‘Ruta das Maceiras en Flor’ constará de tres itinerarios polo concello da Estrada que se desenvolverán o sábado 27 de abril e o sábado 4 de maio

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, presentou esta mañá a segunda edición da “Ruta das Maceiras en Flor” que se levará a cabo no concello da Estrada entre a última fin de semana de abril e a primeira de maio. Silva asegurou que está  “namorada dun proxecto que conseguiu un éxito espectacular no 2018, chegando a ter impacto nos medios nacionais”. Tal e como explicou a presidenta, esta iniciativa ten por obxectivo mostrar as maceiras en plena floración, así como dar a coñecer o traballo de produción das sidras e doutros produtos que proveñen da mazá.

“A comarca de Tabeirós-Terra de Montes é líder no noroeste peninsular de mazá ecolóxica. Tanto o momento de produción como o traballo artesanal das sidrerías locais representan un produto de turismo exclusivo das Rías Baixas e por iso queremos potencialo”, explicou. Silva tamén aproveitou para recordar que “é un espectáculo floral único e marabilloso  no que se poderán contemplar especies autóctonas como a rabiosa de Callobre ou outras predominantes na zona como a regona”. Ademais, a presidenta fixo fincapé en que esta iniciativa “está enmarcada no noso Plan Estratéxico de Turismo co obxectivo de desestacionalizar a demanda e dinamizar o interior da provincia de Pontevedra”.

Este ano, fronte á edición do 2018, ofértanse tres itinerarios. O primeiro será o sábado 27 pola mañá e as persoas participantes visitarán a plantación de Callobre e as sidrerías Ribela e Torres de Moreda. Na segunda ruta, que se desenvolverá o 27 pola tarde, tamén se dará a coñecer a plantación se Callobre e farase unha visita ás sidrerías de Torres de Moreda e A Peroja. Por último, o terceiro itinerario levarase a cabo o sábado 4 de maio pola mañá e inclúe unha visita á plantación de Callobre e, tamén, as sidrerías de Torres de Moreda e Camino.A II edición da 'Ruta das Maceiras en Flor' tendrá este ano tres itinerarios polo concello da Estrada

Para participar nestas rutas, que serán gratuítas, haberá que inscribirse enviando un correo electrónico a visitasguiadas@depo.es no que consten o nome e apelidos das persoas que queiran participar, a ruta e un teléfono de contacto. O prazo para anotarse abrirá o vindeiro luns 15 de abril ás 9.00 horas.  Ademais, haberá 25 prazas dispoñibles por ruta, en total 75, e só se poderán reservar, como máximo, catro praza por persoa, que se adxudicarán por orde de inscrición. Tamén se inclúe desprazamento en autobús dende Vigo e Pontevedra aínda que, quen o desexe, poderá desprazarse en vehículo propio.

Carmela Silva quixo poñer en valor que a “Ruta das Maceiras en Flor” naceu como un proxecto da Deputación “que hoxe se converteu nunha iniciativa público-privada coa colaboración dos produtores e das produtoras da cooperativa Ullama e da Asociación de Casas de Turismo Rural Mar de Compostela”. “Este proxecto vaise converter nunha ruta moi salientable na nosa provincia de Pontevedra”, indicou a presidenta.

Por último, a presidenta informou de que previamente ás rutas, o venres 26 de abril vaise organizar un blogtrip con 10 bloggers de referencia para dar a coñecer os recursos da comarca de Tabeirós-Terra de Montes.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

694FansGóstame
290SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies