spot_img
InicioVigo e áreaO PorriñoA exposición de fotografías de Ruth Matilda Anderson llegará a O Porriño...

A exposición de fotografías de Ruth Matilda Anderson llegará a O Porriño grazas ao convenio firmado por Abanca, Afundación e o Concello

A exposición de fotografías de Ruth Matilda Anderson llegará a O Porriño grazas ao convenio firmado por Abanca, Afundación e o ConcelloAbanca, Afundación e o Concello de Porriño asinaron un convenio para traer a exposición de fotografías de Ruth Matilda Anderson ó Centro Cultural Municipal

A Alcaldesa de Porriño, Eva García e Paloma Vela, coordinadora adxunta da Area de Cultura de “Afundación”, Obra Social de ABanca suscribiron hoxe o convenio mediante o cal as tres entidades levarán a cabo a exposición «Unha mirada de antano: Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia». Á sinatura asistiron tamén Lourdes Moure, concelleira de Educación de Porriño e mailo director de oficina de Abanca en Porriño, Jorge Luís García.

A exposición, de entrada libre e gratuíta, inaugurarase o vindeiro 9 de maio no Centro Cultural Municipal onde se poderá visitar ata o 2 de xuño, de luns a venres en horario de 8.30 a 20.30 h. 

Na mostra de fotografías seleccionadas para exhibirse en Porriño ocuparán un lugar sobranceiro cuatro imaxes que Anderson tomou na vila e unha delas servirá como fondo para o programa de mán da exposición.A exposición de fotografías de Ruth Matilda Anderson llegará a O Porriño grazas ao convenio firmado por Abanca, Afundación e o Concello

Esta colaboración é parte do proxecto «Corrente Cultural», que considera a arte como un instrumento imprescindible para fomentar o coñecemento e o desenvolvemento colectivo. Grazas a este proxecto, Afundación, a Obra Social de ABANCA, impulsa a capilaridade da cultura en Galicia. 

No que atinxe á exposición «Unha mirada de antano: Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia» presenta un completo relato documental e antropolóxico da Galicia dos anos vinte. Ruth Matilda Anderson recolleu en imaxes e en anotacións minuciosas o que atopou nas súas expedicións entre 1924 e 1926 pola Galicia interior e costeira. Acompañada polo seu pai, percorreu Galicia, aprendeu as linguas, castelá e galega, e os costumes, dirixiuse ás aldeas e falou coa xente. O seu trato tan próximo coas mulleres e homes de Galicia favoreceu que o seu traballo reflectise con tanto coidado e empatía a realidade galega dos anos vinte.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.