spot_img
InicioBaixo Miño60 mozos e mozas do CPI Suárez Marquier do Rosal participaron no...

60 mozos e mozas do CPI Suárez Marquier do Rosal participaron no obradoiro ‘Outras formas de querer’

60 mozos e mozas do CPI Suárez Marquier do Rosal participaron no obradoiro 'Outras formas de querer'Rematou o obradoiro “OUTRAS FORMAS DE QUERER” impartido pola educadora familiar do Concello do Rosal aos grupo de 1º ESO no CPI Suárez Marquier.

Preto de 60 mozos e mozas de 13 e 14 anos de idade traballaron o temas das relacións de parella na adolescencia ao longo de dúas sesións.

Temas como o control, o acoso, a chantaxe emocional ou os celos foron tratados de xeito participativo entre o alumnado.

Tanto este obradoiro de Outras formas de querer que acaba de rematar cos grupos de 1º ESO, como cos restantes obradoiros de Afectividade levados a cabo cos grupos de 2ºESO e Sexualidade cos grupos de 3ª ESO, son parte da programación anual que xurde da colaboración entre o concello do Rosal e o CPI Suárez Marquier.

Case 200 alumnos e alumnas de entre 12 e 16 anos de idade traballaron neste curso 2018-2019 as emocións, sentimentos e relacións de parella, de cara a fomentar o bo trato e previr a violencia de xénero entre os máis novo/as.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.