Inicio Pontevedra Novo diseño para a web de Turismo Rías Baixas

Novo diseño para a web de Turismo Rías Baixas

Novo diseño para a web de Turismo Rías BaixasA web de Turismo Rías Baixas estrea deseño cun cuidado tratamento audiovisual e contidos renovados

A páxina de Turismo Rías Baixas estrea hoxe un deseño totalmente renovado na súa imaxe, contidos e servizos tecnolóxicos dirixidos as usuarias e usuarios. A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, explicou esta mañá a profunda remodelación e cualificou a web como “moderna e dinámica, enfocada ás viaxeiras e viaxeiros, e con toda a información necesaria para vivir grandes experiencias no interior e na costa da provincia de Pontevedra”.

O restyling e a renovación dos contidos tiveron como base as conclusións do Plan Estratéxico de Turismo 2017-2020, elaborado en colaboración cos concellos e o sector privado. A web conta agora con novas seccións un deseño claro e intuitivo, adaptado para a navegación en todos os dispositivos, e con especial coidado no tratamento da imaxe e do vídeo.

MAPA INTERACTIVO

O redeseño foi elaborado integramente por persoal da Deputación, pertencente aos departamentos de Turismo, Comunicación, Novas Tecnoloxías e Servizos Lingüísticos. Unha das novidades é o mapa interactivo co que as usuarias e usuarios poderán orientarse con facilidade no destino Rías Baixas. A web ofrece, a través de textos amenos e galerías de imaxes, información dos recursos turísticos de todas as comarcas, e aporta na súa sección “Descubre” datos e propostas sobre os eixos do Plan Estratéxico: enogastronomía, natureza, cultura, turismo activo, termalismo, patrimonio, festas e Camiños de Santiago.

Ademais, inclúe os dez “must-see” das Rías Baixas. “Aí están as Illas Atlánticas, Ruta da Camelia, castelos de Soutomaior e Sobroso, castros, as 55 praias con bandeira azul, conxuntos históricos, Ruta do Viño, pazos, faros e grandes miradoiros”, detallou a presidenta da Deputación. A sección “Inspírate” mostra propostas e plans relacionadas con distintos tipos de actividades turísticas, desde o deporte ata a arte e os monumentos, mentres que as Escapadas ofrecen alternativas para vivir experiencias de 24, 48 e 72 horas nas Rías Baixas.

INTERIOR E COSTA

“Tívose moi en conta un tratamento equilibrado entre a costa e o interior para que todas as comarcas vexan reflexada a súa oferta turística. O obxectivo á hora de acometer o redeseño foi converter a páxina na referencia dixital do destino Rías Baixas para que todas aquelas persoas que veñan dispoñan da información que precisen e poidan sacarlle o máximo partido á súa estancia”.

Carmela Silva puxo como exemplo de funcionamento da web o apartado de enogastronomía, que ofrece información dos principais produtos da provincia de Pontevedra, desde peixes, mariscos, conservas, carnes, produtos da horta e viños da Denominación de Orixe Rías Baixas; e acompáñaa de propostas de experiencias como a visita os cinco restaurantes con estrelas Michelin, un percorrido pola Ruta do Viño, visita os lagares de sidra da comarca de Tabeirós, eventos ou escapadas en torno á gastronomía.

A web promociona ademais os grandes atractivos de cada temporada, fai suxerencias e informa dos eventos. Tamén dispón de galerías como as Rías a vista de paxaro, e visitas virtuais, o que fai máis amena a navegación e facilita o coñecemento do destino. “Nos próximos meses seguiremos mellorándoa con novos contidos, ferramentas tecnolóxicas e servizos, na liña de satisfacer as demandas dos viaxeiros e viaxeiras e ofrecer unha experiencia turística integral”, remarcou a presidenta da Deputación.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

32FansGóstame
260SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies