Inicio Baixo Miño A Guarda A Guarda lanza unha campaña para que tamén a xente nova merque...

A Guarda lanza unha campaña para que tamén a xente nova merque no seu Mercado

A Guarda lanza unha campaña para que tamén a xente xove merque no seu MercadoO mercado da Guarda participa un ano máis na campaña da Xunta de Galicia “Quere o teu mercado” que, a través da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, ten como obxectivo  apoiar, promocionar e visibilizar o papel dos mercados nas cidades, potenciando así a compra do produto local ao mostrar a profesionalidade dos praceiros e praceiras.

“Quere o teu mercado” é o lema en galego da Campaña Internacional dos Mercados, unha iniciativa que a Xunta de Galicia promove en colaboración cos Concellos, as Prazas de Abastos e as Federacións e Asociacións de comerciantes.

Este sábado os praceiros e praceiras da Guarda repartiron diferentes obsequios desta campaña, unha actividade que engloba dúas accións máis, revitalizando o papel tan importante deste sector.

O mércores 29 de maio o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, e a Concelleira de Comercio, Montserrat Magallanes, participaron na presentación das actividades que se celebran no Mercado da Guarda a través da Campaña de Dinamización comercial «Clic ao Mercado».

Segundo Antonio Lomba, «é moi importante atraer ao sector máis xove da cidadanía para que merque no Mercado da Guarda, o sorteo de 5 bolsas de compra por importe de 70€, axudará a que este segmento da poboación sinta interese e se achegue ata este espazo comercial, tan importante para a vila.»

Montserrat Magallanes destacou a importancia dunha alimentación saudable, destacando o   potencial que ten a Praza de Abastos coma nexo comercial da vila, así coma a calidade e variedade dos produtos ofertados, xunto co trato personalizado e atención que prestan aos clientes os praceiros e praceiras.

As dúas accións programadas no mercado da Guarda son:

Familia, que comemos hoxe?

Unha charla dirixida principalmente ás familias con nenos e nenas na etapa chamada de primeira infancia coa intención de poñer en valor os beneficios do produto fresco e de proximidade que ofrece a praza á hora de elaborar menús saudables e nutritivos.

Esta charla pretende ser moi dinámica e participativa e terá lugar no propio mercado o vindeiro sábado día 15 de xuño en horario de 11:00h a 13:00h.

Concurso Clic ao mercado

Dende o 27 de maio, en colaboración cos comerciantes do Mercado de Abastos Municipal da Guarda, se ven de lanzar un Concurso a través da Páxina de Facebook do «Mercado de A Guarda» para o Sorteo de 5 Bolsas de 70€ de compra nos establecementos do mercado.

A Guarda lanza unha campaña para que tamén a xente xove merque no seu Mercado

Esta campaña de promoción pretende achegar a xuventude e mocidade guardesa  ao Mercado de Abastos Municipal, incentivando as compras neste sector da poboación e promovendo hábitos de alimentación saudable.

A Campaña “Clic ao Mercado” está destinada á mocidade con idades comprendidas entre os 18 e 35 anos, que poderán entrar no concurso de cinco bolsas por valor de 70 euros para mercar en, como mínimo, tres establecementos das distintas seccións do mercado(carnes, peixes, froitas e hortalizas).

Para poder participar, as persoas interesadas terán que darlle a me gusta, compartir e comentar na imaxe da campaña a través da páxina de Facebook oficial do Mercado da Guarda en Facebook etiquetando a dous amigos/as entre o 27 de maio e o 27 de xuño.

Os resultados do sorteo farase público o 28 de xuño e as bolsas poderán utilizarse ata o 28 de xullo.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

680FansGóstame
282SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies