Inicio Pontevedra Baixo Miño Sandra González asiste á 10ª Conferencia Internacional de Mercados Públicos de Londres,...

Sandra González asiste á 10ª Conferencia Internacional de Mercados Públicos de Londres, representando ao mercado de Tomiño

A praza de abastos de Tomiño convértese na primeira en contar co selo de mercado excelente que outorga a XuntaA rexedora en funcións presentará o modelo do mercado municipal coma exemplo dun investimento que mellorou a vida social, económica e cultural do municipio

Sandra González, asistirá a semana próxima, en calidade de alcaldesa de Tomiño en funcións, á 10ª Conferencia Internacional de Mercados Públicos, que terá lugar os dias 6, 7 e 8 de xuño en Londres, despois de que o Mercado Municipal fose convidado a participar.

A intervención da alcaldesa de Tomiño está marcada para o día 7 de xuño ás 16.00h, co fin de que relate a experiencia da recuperación do mercado coma novo espazo público  transformador da vida da vila.

Na mesma mesa intervirán Calvin Lee Kwan, director xeral de “Corporate Development & Strategy Link Asset”, de Hong Kong, e Oscar Martin, do “Institut Municipal de Mercats”, de Barcelona.

O alcalde de Londres, Sadiq Khan, será o encargado do discurso inaugural o día 6 as 9.00h na Catedral de Southwark.

Para esta Conferencia, á que se espera asistan máis de 400 representantes de mercados de todo o mundo, foron seleccionados 20 exemplos como poñentes, entre os que se atopa Tomiño.

A Conferencia é un punto de encontro anual dos axentes que traballan en mercados públicos, e que pon o acento no papel que teñen estes como cohesionadores sociais, conectando as economías locais  e as  comunidades. Tomiño foi seleccionado, precisamente, por ter sido un proxecto que foi confeccionado por un equipo multidisciplinar e coa participación dos propios veciños/as, no que ademais do mercado, se transformou a contorna, conseguindo que as persoas dispuxeran dun lugar de encontro e convivencia, o que modificou radicalmente a vida da vila.

A organización do evento corre a cargo de Project for Public Spaces (PPS), entidade con sede en Nova York, que cada ano programa unha axenda que, ademais de conferencias, inclúe talleres, seminarios e visitas aos mercados da cidade onde se celebra a actividade. O encontro, ao que so asisten profesionais, celébrase sempre en grandes cidades como San Francisco, París ou Barcelona.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

693FansGóstame
311SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies