Inicio Pontevedra Condado Paradanta Poñen á venda unha edición limitada dun viño da D.O. Rías Baixas...

Poñen á venda unha edición limitada dun viño da D.O. Rías Baixas para recadar fondos con fins solidarios

Poñen á venda unha edición limitada dun viño da D.O. Rías Baixas para recadar fondos con fins solidariosTrátase dunha edición limitada de Bodegas La Val de 200 botellas do albariño “La Val Solidario” que se poderá adquirir, por 8 euros, na tenda física, na súa tenda online e na sede da Asociación Aspanaex en Vigo.

Bodegas La Val, unha das marcas pioneiras da Denominación de Orixe Rías Baixas, sacou á venda o albariño “La Val Solidario 2018”, unha edición limitada de 200 botellas que é o resultado da vendima na que o pasado setembro, o equipo de Bodegas La Val, un grupo de xornalistas, así como mozos e mozas da Asociación Aspanaex, uniron forzas nunha xornada na que vendimiaron xuntos.

Os beneficios xerados coa comercialización doaranse integramente ao proxecto “Axúdanos a construír un soño”, unha residencia con 58 prazas en Vigo para persoas con discapacidade intelectual. O proxecto conta xa co apoio de entidades como o Concello de Vigo ou o Corte Inglés. Desde 1963 Aspanaex traballa a favor das persoas con discapacidade intelectual, para facer que elas e as súas familias poidan levar a cabo un proxecto de vida de calidade. Segundo Fernando Bandeira, xerente de Bodegas La Val: “Para nós é un orgullo poder colaborar nun proxecto tan necesario para contribuír á mellora da calidade de vida e do futuro das persoas desta Asociación”.

Cun prezo de 8 euros, as botellas de “La Val Solidario”, pódense comprar xa na tenda online (www.bodegaslaval.com), na tenda física de Bodegas La Val (Salvaterra de Miño) ou na sede da Asociación Aspanaex en Vigo ( C/ Mestres Goldar 18).

Este é o segundo ano que Bodegas La Val aposta por crear un “Viño Solidario”, un proxecto persoal co que a adega quere mostrar o seu compromiso, non só cunha maneira especial de traballar a terra, senón tamén coa sociedade. No 2017 a recadación da vendima solidaria doouse á ASANOG (Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia), asociación que axuda aos nenos que padecen cancro en Galicia e ás súas familias. Para a vendima do 2019 barállanse xa varias asociacións de Galicia.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
300SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies