spot_img
InicioPontevedra e ÁreaA Estación Fitopatolóxica de Areeiro lanza un novo aviso sobre a bolboreta...

A Estación Fitopatolóxica de Areeiro lanza un novo aviso sobre a bolboreta do buxo

A Estación Fitopatolóxica de Areeiro lanza un novo aviso sobre a bolboreta do buxoO centro dependente da Deputación de Pontevedra recomenda revisar estas plantas e aplicar un tratamento se xa detectan as eirugas da bolboreta

A Estación Fitopatolóxica de Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, acaba de emitir un novo aviso fitosanitario acerca da bolboreta do buxo e do mildio nas viñas. Deste xeito, a responsable dos avisos fitosanitarios, Rosa Pérez Otero, subliña que as pragas e enfermidades das plantas continúan a súa evolución e as condicións meteorolóxicas destes días, con altas temperaturas na provincia, están a favorecer a actividade dos vexetais e o avance das pragas.

No caso da bolboreta do buxo (Cydalima perspectalis), Pérez indica que nalgunha das sebes da finca de Areeiro observouse que as eirugas estaban saíndo da hibernación e xa empezan a aparecer síntomas evidentes da súa alimentación. Aínda que non é unha situación xeral e de feito algunhas sebes están vigorosas e con gromos perfectamente verdes, é conveniente que as persoas que teñan estes arbustos no seu xardín revisen moi atentamente as súas plantas e, se a situación é coincidente, retiren os gromos afectados e/ou apliquen un tratamento. A revisión debe incluír tamén a zona inferior das plantas porque nalgúns casos as eirugas se centran nesa zona. E os posibles tratamentos deben facerse como é habitual, a elevada presión e con minuciosidade.

A EFA tamén verificou a maduración das primeiras oósporas de mildio en viñas da provincia, pero lembra que este fenómeno simplemente indica que o fungo está a iniciar a súa actividade, e que de momento non hai que realizar tratamentos.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.