O lavadoiro situado na subida da Buraca, en Chapela, luce renovado
Os alumnos e alumnas do Obradoiro de emprego de garantía xuvenil Redondela Sostible, da especialidade de carpintería, fixeron un gran esforzo final para ter rematada a estructura do tellado do lavadoiro situado na subida da Buraca, na parroquia de Chapela.
A semana pasada remataban os traballos do alumnado, formado e dirixido polo docente, experto ene carpintería, Roberto Rey.
Durante estes meses os alumnos e alumnas tiveron a oportunidade de formarse e de aprender este oficio con clases teóricas e moita práctica formativa.
Entre os moitos traballos que realizaron durante estes meses, destaca a recuperación de este lavadoiro, que esperemos estea definitivamente rematado nas vindeiras semanas.
A Actividade do obradoiro de emprego viuse interrompida dende a pasada semana debido a estado de alarma a causa da expansión do coronavirus.