spot_img
InicioBaixo MiñoA Mancomunidade do Baixo Miño prioriza a atención telefónica e telemática nas...

A Mancomunidade do Baixo Miño prioriza a atención telefónica e telemática nas medidas de funcionamento con motivo do COVID-19

O AECT Rio Minho estudará os problemas de mobilidade transfronteiriza grazas á aprobación dun novo proxecto europeoA Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño ven de adoptar medidas de funcionamento con motivo do decreto do Estado de Alarma trala crise do COVID-19 mediante unha resolución da presidencia pola que se acordou, entre outras medidas,  priorizar a atención telefónica e telemática nos Servizos de atención ao público e no caso de atención presencial se establecerán as quendas imprescindibles  para garantir a prestación do servizo.

Estas medidas de carácter temporal afectarán a todo o persoal en función das necesidades de prestación dos servizos públicos, evitando, na medida do posible, as reunión de traballo e os desprazamentos a outras localidades, fomentando o uso da videoconferencia.

As xuntas de goberno periódicas da MIBM quedan deste xeito aprazadas, salvo aquelas que se convoquen debido á situación do estado de alarma.

Todos os cursos e actividades formativas quedan aprazadas, valorándose a súa realización por medios telemáticos, cando así sexa posible.

Nesta resolución da presidencia da MIBM tamén se acordou a suspensión da convocatoria existente para a Selección dun Conductor, quedando en vigor os trámites previos á mesma, dando por rematados os prazos de presentación de instancias.

Por último, acordouse permitir a modalidade de traballo non presencial, previa autorización da presidencia da MIBM, sempre que sexa debidamente xustificada.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.