Inicio Galicia Galicia propón un convenio a nivel estatal con Correos para que o...

Galicia propón un convenio a nivel estatal con Correos para que o comercio de proximidade poida seguir activo a través da venda en liña

 Galicia propón un convenio a nivel estatal con Correos para que o comercio de proximidade poida seguir activo a través da venda en liñaA directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, participou na Conferencia sectorial de Comercio Interior, na que defendeu a necesidade de combinar as axudas económicas con medidas específicas para o comercio de proximidade

Sol Vázquez, participou hoxe mediante o sistema de videoconferencia na Conferencia sectorial de Comercio Interior, presidida pola ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, e que se centrou na actual situación do sector en relación co coronavirus.

Na reunión, a Xunta propuxo a sinatura dun convenio a nivel estatal con Correos para que estableza condicións especiais ou bonificacións que permitan ao comercio de proximidade que así o desexe seguir activo a través da venda en liña ou telefónica. Neste sentido, Galicia defendeu a necesidade de combinar axudas económicas con medidas específicas como o convenio proposto.

No encontro Galicia tamén apoiou a publicación de protocolos para a seguridade e saúde laboral para venda en liña, venda a domicilio e venda ambulante, a maiores da guía de seguridade para o comercio que vai poñer a disposición do sector o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies