Inicio Pontevedra A Deputación de Pontevedra establece as novas bases das axudas de emerxencia"para...

A Deputación de Pontevedra establece as novas bases das axudas de emerxencia”para achegar canto antes os recursos aos concellos”

As bases modificadas, que publicaranse no BOPPO este próximo venres, recollen a posibilidade de solicitar o 100% do importe, tal e como trasladou a presidenta provincial na última reunión do Comité de Seguimento

A Deputación de Pontevedra remitiu hoxe aos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia unha comunicación para informar que o próximo venres publicarase no BOPPO a resolución presidencial de modificación das bases reguladoras das axudas básicas de emerxencia para este ano 2020.

A finalidade da modificación é que os concellos poidan solicitar á Deputación o 100% do importe que lles corresponde para poder atender con maior axilidade orzamentaria as necesidades das persoas máis vulnerables durante o Estado de Alarma decretado polo COVID19. Terán prioridade as axudas destinadas a cubrir as necesidades das familias con menores ao seu cargo que se atopen en situación de exclusión social ou en risco de estalo, e inclúense atencións de carácter complementario.

En canto ao prazo de presentación de solicitudes, mantense o prazo establecido nas bases reguladoras aínda que deberán presentarse por medios electrónicos a través do formulario normalizado, dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal), sendo válidas as solicitudes presentadas dende o tres de marzo de 2020. Para a presentación das solicitudes a sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que prevé a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNIe).

Por outra banda, a Deputación de Pontevedra está a tramitar de urxencia as novas bases do Plan Concertado e SAF, en vías de ser publicadas a próxima semana, e o goberno provincial está a ultimar unha nova liña de axudas para dotar de máis recursos a fin de atender as demandas sociais nos concellos.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

- Publicidade -


+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies