Inicio Pontevedra A Deputación de Pontevedra súmase á campaña do Proxecto Libera contra o...

A Deputación de Pontevedra súmase á campaña do Proxecto Libera contra o lixo na costa

A Deputación de Pontevedra súmase á campaña do Proxecto Libera contra o lixo na costaA presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, anunciou á adhesión da institución provincial á terceira edición da campaña “1m2 por praias e mares”, convocada polo Proxecto Libera en colaboración coa Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). “É unha campaña para concienciar, para demostrar, para recoller datos e para poder tomar medidas e decisións de loita contra o dano que lle estamos facendo á nosa contorna natural”, destacou.

Levaranse a cabo dúas accións de recollida e clasificación do lixo o 26 de setembro na praia de Area da Cruz (O Grove) e o 3 de outubro na praia de Nerga (Cangas)

En concreto, a Deputación porá en marcha dúas accións de recollida de lixo, o 26 de setembro na praia de Area da Cruz (O Grove) e o 3 de outubro na praia de Nerga (Cangas). Cada unha das actividades terán unha duración aproximada de dúas horas e os grupos estarán formados por un máximo de 10 persoas, polas circunstancias derivadas da COVID. Carmela Silva explicou que a campaña se fai con persoas voluntarias e que, ademais de liberar á natureza de lixo, o obxectivo é tipificar e caracterizar o tipo de residuos que se atopan en cada punto de limpeza. Deste xeito, as e os participantes contarán cunha APP que lles axudará a introducir e compartir os resultados, que serán incorporados ás bases de datos do Ministerio e “servirán para buscar estratexias máis eficientes e efectivas para acabar con este grave problema ambiental”. Para participar na campaña, as persoas voluntarias deberán cubrir un formulario de inscrición na web da Deputación e terán de prazo ata o 24 de setembro.

As persoas voluntarias interesadas en participar xa poden cubrir un formulario de inscrición na web da Deputación e o prazo estará aberto ata o 24 de setembro

Tras explicar as actividades, a presidenta provincial animou á xente a participar neste gran proxecto e instou “a facer un enorme esforzo de concienciación colectiva pero tamén individual”. “Cada vez que deixamos o noso lixo na natureza”, engadiu, “estamos facendo un dano terrible ao planeta, e todas e todos somos responsables de loitar contra isto”. O Proxecto Libera, iniciativa de SEO/BirdLife e Ecoembes, facilitaralle ás persoas voluntarias o material necesario para desenvolver a actividade: guantes, bolsas de distintas cores para segregar os residuos (azuis, amarelas, verdes e negras) e protección fronte ao impacto directo do sol. Amais, tamén se fará cargo do seguro das e dos participantes.

O proxecto ‘LIBERA, unidos contra a basuraleza’ nace no ano 2017 para frear as consecuencias do lixo abandonado nos espazos naturais, a basuraleza, nos diferentes ecosistemas españois. Foi creado pola ONG ambiental decana de España, SÉ/ BirdLife, en alianza con Ecoembes, a organización ambiental sen ánimo de lucro que promove a economía circular a través da reciclaxe dos envases. O obxectivo desta iniciativa é concienciar e mobilizar á cidadanía para manter os espazos naturais libres de lixo e que podamos, desta maneira, liberar moita máis vida en favor da biodiversidade. Para iso, desde LIBERA expomos unha abordaxe integral do problema, en tres eixos de acción: coñecemento, prevención e participación.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies