spot_img
InicioVal MiñorBaionaO Concello de Baiona ilumínase de verde para conmemorar o Día Mundial...

O Concello de Baiona ilumínase de verde para conmemorar o Día Mundial do Alzheimer

O Concello de Baiona ilumínase de verde para conmemorar o Día Mundial do AlzheimerA fachada do Concello de Baiona iluminouse una ano maís de cor verde con motivo da conmemoración do Día Mundial do Alzheimer, efeméride instituida pola Organización Mundial da Saúde (OMS) e auspiciada por Alzheimer Disease Internacional ( ADI) en 1994. As luces verdes xa luciron na fachada esta pasada noite.

Con este xesto o Concello de Baiona Con busca dar visibilidade e apoio sobre a situación de ao redor de 3,5 millóns de enfermos e familiares que conviven con esta enfermidade en España.

Este luns deu comezo en Baiona o taller “Cultiva a Mente”, que se desenvolverá ata finais de xuño do próximo ano. Este taller nace desde a Concellería de Servizos Sociais a través de diversas reunións entre o alcalde, Carlos Gómez e a concelleira, Concepción Vara coa Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias dexenerativas “ AFAGA”, en busca de dar prevención e asesoramento á demanda de veciñas e veciños, maiores de 55 anos.

Nesta primeira edición, que arrincaba onte no Multiusos Angel Bedriñana e que se realizará todos os luns ata o mes de xuño, conta coa participación de 13 veciñas e veciños do municipio, que dunha forma didáctica experimentarán novas aptitudes e experiencias para levar a cabo no seu día a día, exercitando a súa mente e fomentando a socialización.

O ano pasado celebrouse en Baiona o taller “Cultiva a Mente”. Na actividade participaron numerosos veciños e veciñas do municipio que dunha forma didáctica experimentaron novas aptitudes e experiencias para levar a cabo no seu día a día, exercitando a súa mente e fomentando a socialización.

Durante o estado de alarma o Concello de Baiona e AFAGA estableceron un seguimento das persoas que estaban a participar neste programa.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.