Inicio O Morrazo Marín As praias de Marín, un espazo seguro no verán grazas ás medidas...

As praias de Marín, un espazo seguro no verán grazas ás medidas tomadas e á colaboración coa hostalaría

Marín aumenta o gasto nas praias do municipio co fin de que sexan seguras fronte á crise da Covid19A situación sanitaria da Covid19 mudou totalmente o noso xeito de vivir e afectou de xeito especial á tempada estival e aos servizos asociados a esta. Rematado o verán, o Concello fai un balance “positivo” das medidas que se aplicaron nas praias para cumprir coas medidas de prevención e hixiene fronte ao coronavirus.

A concelleira de Turismo, Cristina Acuña, fixo esta mañá uhn balance sobre a tempada estival, que ven de rematar, agradecendo enormemente “aos locais de hostalaría das praias a súa colaboración para xestionar algúns servizos, como o acceso aos baños, que se habilitaron como de uso público”.

Especialmente, a concelleira de Turismo, Cristina Acuña, quixo agradecer “a estreita colaboración que tivemos cos establecementos de hostalaría da zona das praias, cos que chegamos a un acordo para que os seus aseos fosen de uso público”. “Grazas a este traballo conxunto puidemos seguir ofrecendo este servizo coa garantía das limpezas e das desinfeccións que esixía un momento coma o que estamos a vivir”, asegurou Acuña.

Tamén se reforzou esta colaboración por parte do Concello e os locais entregando material de limpeza e, asemade, un kit de primeiros auxilios para que os establecementos puideran ter de man no caso de que pasase algo urxente fóra do horario do persoal de socorrismo. Precisamente, os socorristas tamén remataron xa a súa tempada de vixilancia nas praias.

No que respecta ao control dos aforos nas praias, unha obrigación que tiña o Concello derivada da nova normalidade imposta pola Covid19, fíxose unha medición topográfica dos catro areais de maior afluencia (Portocelo, Mogor, Aguete e Loira) e desenvolveuse un sistema de conteo en tempo real de usuarios, que se traduciu nun sistema de semáforos que informaba sobre a ocupación da praia.

Ademais, instaláronse lonas informativas con todas as indicacións relativas á prevención da Covid19 e unha megafonía frecuente e diaria na que se recordaban as mensaxes máis relevantes. “Consideramos que as praias foron sitios seguros nos que poder pasar os días do verán, grazas a todas as medidas tomadas e á colaboración co sector hosteleiro”, conclúe a concelleira.

Acuña tamén destacou esta mañá ao realizar o balance relativo ás praias o importante que é “que un concello como o noso teña alternativas turísticas e de ocio que permitan diversificar a actividade e a afluencia”. Con isto, a edil fai referencia ao enorme atractivo e polo de atracción que supoñen outros enclaves do noso municipio como o Lago de Castiñeiras, a Finca de Briz ou as rutas de sendeirismo, que permiten visitar espazos como os miradoiros, o Castro da Subidá ou o Centro de Interpretación de Petróglifos de Mogor, do que

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies