Inicio Val Miñor Baiona A danza de Marta Alonso chega a Baiona bo marco do programa...

A danza de Marta Alonso chega a Baiona bo marco do programa da Deputación “Mulleres en Acción, Violencia Zero”

A danza de Marta Alonso chega a Baiona bo marco do programa da Deputación "Mulleres en Acción, Violencia Zero"A bailarina e coreógrafa ourensá Marta Alonso Tejada ofrecerá o seu espectáculo “Bailar agora” hoxe 23 de xullo, unha actuación que se enmarca no programa “Mulleres en Acción. Violencia Zero” da Deputación de Pontevedra. A representación terá lugar ás 21.00 horas nos Xardíns da Casa de Navegación de Baiona e ata a vila desprazarase a deputada provincial Iria Lamas.

En “Bailar agora”, a artista propón unha parada no corpo para detectar como se instala nel o paso do tempo e situar como se ve afectado polas experiencias, as presións sociais e o contexto. Trátase dunha revisión do vivido e o presente, o aquí e agora do corpo dunha muller de 35 anos que se recoñece e baila. Marta Alonso é bailarina e profesora de ballet clásico, titulada pola Royal Academy of Dance de Londres. Tamén é licenciada en Psicoloxía e está formada en Danza Terapia pola madrileña Fundación Maite de León. O seu traballo como bailarina e creadora está moi ligado á plataforma de creación galega trasPediante, coa que asina e participa en numerosas pezas, e tamén desenvolve unha intensa labor pedagóxica na Escola de Danza Alfaia de Santiago.

A cuarta edición do Programa “Mulleres en Acción. Violencia Zero” reúne o traballo de 25 artistas especializadas en diferentes disciplinas, como a pintura, a música, a poesía, a danza, o teatro, o grafiti e a performance, que levarán ás súas obras por outros tantos concellos da provincia pontevedresa, co obxectivo de dar visibilidade á loita pola igualdade e contra as violencias machistas, ao tempo que serve de escaparate para recoñecer o traballo das mulleres artistas galegas.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
300SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies